|
Actualidade
Santiago, 12 de xullo de 2007
Aproveitaron a visita á cidade do ministro
de Industria, Turismo e Comercio
Traballadores das auxiliares do carbón e delegados da CIG demandan en Ferrol solucións polo peche
das minas
| |
 |
| Con esta concentración pretendíase
facer visíbel este conflito e entregarlle unha carta ao ministro solicitando unha reunión para manifestar
a súa oposición á discriminación da que son obxecto os traballadores galegos da industria
auxiliar do carbón canto ás prexubilacións e recolocacións. (Foto: Manifestación dos traballadores das auxiliares
do carbón o pasado 11 de abril en A Coruña. ©galizacig.com). |
| |
Na mañá do mércores día
11 de xullo, con ocasión da visita do Ministro de Industria, Turismo e Comercio de Galiza, unha representación
de delegados da CIG e traballadores nas empresas auxiliares das minas galegas de carbón concentráronse
diante do Edificio da Xunta de Galiza, en Ferrol, onde o ministro asistía a unha xuntanza do Plan Ferrol.
Con esta concentración pretendíase
facer visíbel este conflito e entregarlle unha carta ao ministro solicitando unha reunión para manifestar
a súa oposición á discriminación da que son obxecto os traballadores galegos da industria
auxiliar do carbón canto ás prexubilacións e recolocacións.
A carta dirixida ao ministro di o seguinte:
«Sr. Clos i Matheu:
Diante do próximo peche das minas galegas
de lignito pardo de Meirama e As Pontes (prevista para o 31/12/2007), e diante da redución da actividade
que representa para o conxunto das empresas auxiliares, os traballadores das empresas auxiliares das minas levamos
meses reivindicando alternativas e solucións á perda de postos de traballo directos que o peche das
minas de Limeisa e Endesa vai ocasionar (aproximadamente 500 traballadores).
Somos traballadores da mina e reclamamos os mesmos
dereitos e o mesmo futuro que se lle garante a todos os traballadores das empresas principais e auxiliares de carbón
do Estado español e de Galiza (Endesa e Limeisa).
Por que somos discriminados os traballadores galegos
das empresas auxiliares do carbón de Meirama e As Pontes?
Reivindicamos coa xustiza e coa razón de
ser quen estivemos desde hai anos, moitos desde o propio inicio da explotación das minas, traballando para
que ENDESA e FENOSA (grupo ao que pertence Limeisa) se teña enriquecido e aproveitado dos millonarios beneficios
obtidos da explotación do carbón en Meirama e As Pontes, e da produción de enerxía
nas súas Centrais Térmicas.
Non podemos esquecer que as minas de carbón
galegas producen, en termos equivalentes, o 19% do carbón do Estado español, e a produción
de enerxía a través das Centrais Térmicas de Cerceda e As Pontes, favorecendo o desenvolvemento
económico do Estado español, mesmo en períodos de crises enerxéticas, sen recibir os
galegos compensación algunha.
Reivindicamos de ENDESA e FENOSA (contrarios a
asinar o Acordo da Mesa Auxiliar do Carbón existente no ámbito da Consellaría de Innovación
e Industria), pero tamén do Ministerio de Industria, primeiro encargado de levar adiante o Plan Miner II,
que contén as alternativas para os peches das minas, a súa responsabilidade diante das graves consecuencias
laborais que estes peches representan.
En definitiva, REIVINDICAMOS que o Ministerio
de Industria cumpra e faga cumprir o Acordo da Comisión de Industria do Congreso dos Deputados de 20
de marzo de 2007, para facer realidade
antes do 31 de decembro de 2007 o seguinte:
- A INCORPORACIÓN A LIMEISA E A ENDESA
DOS TRABALLADORES DAS EMPRESAS AUXILIARES QUE POIDAN ACEDER A UNHA PREXUBILACIÓN.
- UN PLANO DE RECOLOCACIÓNS PARA O RESTO
DO PERSOAL DENTRO DO GRUPO ENDESA GENERACIÓN E GRUPO UNIÓN FENOSA COMO PARTE DUN PLANO GLOBAL DE
EMPREGO E REINDUSTRIALIZACIÓN DAS ZONAS PARA A RECOLOCACIÓN DOS TRABALLADORES.
Por estas razóns e REIVINDICACIÓNS,
Alejandro Pazos, presidente do Comité de Empresa de MASA GALICIA, SA, na mina de Endesa e portavoz da Coordinadora
das Auxiliares de Endesa; Manuel A. Cabaleiro Pellón e Paulo Carril Vázquez, representantes da CIG
na Mesa das Auxiliares do Carbón da Consellaría de Innovación e Industria, dirixímonos
a vostede para solicitarlle unha reunión á maior brevidade posíbel para tratar este asunto.
Agardando a súa resposta, para que conste
aos efectos oportunos».
|