Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 5 de xullo de 2007 (Publicado en La Región o 04/07/2007)

De turismo pola historia
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Castelo de Vila da Feira, clic para aumentar
En Vila da Feira a uns 30 quilómetros ao sul de Porto, existe un castelo, en moi bo estado de conservación, no que ademais se realiza unha animación. Un grupo de mozos e mozas, con vestimenta da Idade Media, amosa as armas que se utilizaban e escenifica un combate entre dous cabaleiros.
Museo Martíns Sarmento, clic para aumentar
En Guimaraes, vila que se considera berce do nacemento do Reino de Portugal, fica o museo Martíns Sarmento, no que foi un mosteiro dominico, nel atopamos unha mostra importante de obxectos da época castrexa e en menor medida romana, sueva e visigoda. (Fotos: ©galizacig.com).
 
Seica a Consellaría de Cultura vai aproveitar o importante castro de San Cibrau de Las pra facer alí un centro de interpretación da cultura castrexa. Trátase dunha boa noticia. Esta cidade celta, situada no Concello de San Amaro, perto da vila do Carballiño, conta con tres muros de proteción e ocupa unha superficie de vintecinco hectáreas, o que reflicte o grau de desenvolvemento e organización dese período, botando abaixo moitas teorías que coidaban que había un nivel moito máis baixo.

Coido que sería bo que os responsábeis da Consellaría de Cultura e os técnicos da Xunta de Galiza se achegasen a Portugal pra tomar nota do que alí se fai nestes temas. Por exemplo, no norte deste país irmau, en Vila da Feira a uns 30 quilómetros ao sul de Porto, existe un castelo, en moi bo estado de conservación, no que ademais se realiza unha animación. Un grupo de mozos e mozas, con vestimenta da Idade Media, amosa as armas que se utilizaban e escenifica un combate entre dous cabaleiros. En distintos lugares da fortificación teatralizase a un governador mouro do castelo namorado dunha doncela cristián da bisbarra, toda a escenificación faise procurando a complicidade dos visitantes e con grandes doses de comedia, e sobre todo moi ben interpretado. Paga a pena velo.

En Guimaraes, vila que se considera berce do nacemento do Reino de Portugal, fica o museo Martíns Sarmento, no que foi un mosteiro dominico, nel atopamos unha mostra importante de obxectos da época castrexa e en menor medida romana, sueva e visigoda. Destacan dous guerreiros celtas tallados en pedra, de grandes proporcións, e sen cabeza, así como unha morea de pedras con simboloxía céltica. Hai un guía e dá unha información completa, reflectindo coñecementos e interese no que fai. A poucos quilómetros de Guimaraes, camiño de Braga, está a citania de Briteiros, un castro de proporcións moi semellantes as de San Cibrau de Las, porén moito máis escavado e sobre todo preparado pra recibir visitas. Salienta o lugar adicado a tomar os baños.

O visitante galego escoitará que os guías nomean decote a importancia destes lugares no nacemento de Portugal e na configuración do país veciño, así como das relacións estreitas coa Galiza; mesmo indicaran a mesma orixe de ambos países, e algún aventura que a raia non debería dividir senón unir, e que sería moito millor o noso destino de termos mantido a unidade. Pra alén das hipóteses e os desexos, por máis que nos agraden, debéramos tomar nota da importancia que toda nación soberana lle dá á historia, tanto na consolidación da identidade como na recreación da autoestima como povo. Tampouco se debe ignorar que temos con Portugal, especialmente a zona norte, moito en común, tanto na lingua, como na cultura e historia, e hoxe un comercio que nos favorece e crea emprego. Non se entende que manteñamos máis relacións con Madrid e Barcelona, a unha distancia mínima de 600 quilómetros, que con Braga ou Porto, a 120 quilómetros da fronteira como máximo, cando temos con Portugal unha mesma orixe e cultura.

Facer de San Cibrau de Las un centro da etapa castrexa, lugar de obrigada visita de todos os galegos e galegas e atractivo pra o turismo foráneo, obriga a millorar os acesos, dotalo dun museo e servizos, ampliar as escavacións e, ademais, animar con interpretes e exposicións a época. Exemplos de como facer ben todo esto témolos moi perto, fai falla vontade, rematar con prexuízos, e saber que todo froito pra madurecer necesita de tempo e coidado, atrevemento e teimosía.

 
Castelo de Vila da Feira
Castelo de Vila da Feira, clic para aumentar No Castelo de Vila da Feira, un grupo de mozos e mozas, con vestimenta da Idade Media, amosa as armas que se utilizaban e escenifica un combate entre dous cabaleiros...  
Castelo de Vila da Feira, clic para aumentar Castelo de Vila da Feira, clic para aumentar
Castelo de Vila da Feira, clic para aumentar ... En distintos lugares da fortificación teatralizase a un governador mouro do castelo namorado dunha doncela cristián da bisbarra, toda a escenificación faise procurando a complicidade dos visitantes e con grandes doses de comedia, e sobre todo moi ben interpretado. (Fotos: ©galizacig.com).
Castelo de Vila da Feira, clic para aumentar Castelo de Vila da Feira, clic para aumentar
 
Museo Martíns Sarmento
Museo Martíns Sarmento, clic para aumentar Museo Martíns Sarmento, clic para aumentar  
Museo Martíns Sarmento, clic para aumentar No Museo Martíns Sarmento, destacan dous guerreiros celtas tallados en pedra, de grandes proporcións, e sen cabeza, así como unha morea de pedras con simboloxía céltica. (Fotos: ©galizacig.com).
 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/07/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta