ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 14 de xullo de 2007

A Mesa convoca un acto público de apoio ao denunciado o 18 de xullo ás 11:30 da mañá na entrada do edificio dos Xulgados
Novo enxuizamento en A Coruña a un cidadán por defender os seus dereitos lingüísticos

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Xustiza; clic para aumentar
Fraga Mandián non só xustificou a negativa do xulgado a lle notificar ao interesado en lingua galega, como este solicitaba, senón que se refería ao indebido uso da denominación oficial de A Coruña como un “simple erro ortográfico”. Perante isto, Eduardo Álvarez dirixiuse ao Consello Xeral do Poder Xudicial e viuse na obriga de denunciar publicamente a súa indefensión.
 
O próximo 18 de xullo, ás 11:45 horas, terá lugar no Xulgado de Instrución nº 4 de A Coruña a vista do xuízo contra Eduardo Álvarez, socio da Mesa, responsábel comarcal da CIG-Ensino e membro do movemento de renovación pedagóxica AS-PG, logo de este ter sido denunciado por Antonio Fraga Mandián, xuíz-decano de A Coruña, por “inxurias”.

Os feitos remóntanse a hai xa varios meses, cando Eduardo Álvarez dirixira un escrito ao xuíz-decano de A Coruña tras ver como, logo dun procedemento por un asunto particular, o xulgado correspondente se negaba a lle notificar en galego, malia esta ter sido a lingua que o interesado empregara en todo o proceso e malia este ser un dereito recollido no artigo 7.2 da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística. Álvarez facía constar no seu escrito, ademais, o uso do topónimo oficial da cidade deturpado no selo oficial do tribunal.

Porén, Fraga Mandián, na súa resposta, non só xustificou a negativa do xulgado a lle notificar ao interesado en lingua galega, como este solicitaba, senón que se refería ao indebido uso da denominación oficial de A Coruña como un “simple erro ortográfico”. Perante isto, Eduardo Álvarez dirixiuse ao Consello Xeral do Poder Xudicial e viuse na obriga de denunciar publicamente a súa indefensión. Tal denuncia pública valeulle que Fraga Mandián o denunciase a el xudicialmente, acusándoo de “inxurias” por, segundo el, o ter chamado “mentirán” nos medios de comunicación.

  Eduardo Álvarez está acusado polo xuíz-decano de A Coruña de “inxurias” logo de denunciar publicamente que un xulgado se negaba a notificarlle en galego unha sentenza e empregaba o topónimo da cidade deturpado no seu selo oficial.

 
A Mesa sinala esta situación como “unha nova mostra da fobia contra o galego e contra quen está disposto a o usar en todo e para todo que aínda parece profesar unha parte da xudicatura”; unha situación que, lembran desde a asociación, “non é a primeira que se produce nos últimos meses nos xulgados coruñeses” e que demostra “o carácter subalterno” que a lingua galega continúa a ter no ámbito da xustiza a pesar da teórica cooficialidade. É por isto que o colectivo cidadán convoca para o propio día 18 de xullo ás 11:30 horas un acto de apoio a Eduardo Álvarez na entrada principal do edificio dos Xulgados de A Coruña (Rúa Monforte).

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/07/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta