ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 11 de xullo de 2007

O xoves 12 de xullo desde Redondela
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica irán a pé até Vigo en demanda dunha xuntanza con Zapatero

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Mina Serrabal: A indemnización non é a solución; clic para aumentar
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica seguen considerando imprescindíbel unha modificación do actual trazado do Tren de Alta Velocidade para garantir os postos de traballo presentes e futuros. (Foto: Concentración do 14 de marzo en Compostela por un cambio de trazado do TAV que permita a continuidade da mina de Serrabal. ©galizacig.com).
 
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica acordaron ir a pé desde Redondela a Vigo, o día 12 de xullo, en demanda dunha xuntanza co presidente do Goberno estatal, Xosé Luís Rodríguez Zapatero, aproveitando a súa estancia en Vigo. Os traballadores queren que o titular do Executivo se comprometa a garantir os postos de traballo.

Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica seguen considerando imprescindíbel unha modificación do actual trazado do Tren de Alta Velocidade para garantir os postos de traballo presentes e futuros. Para iso, exixen o compromiso das diferentes administracións e da empresa, e por iso tramitaron, xa por escrito, por medio do delegado do goberno, unha solicitude de entrevista con Zapatero aproveitando a súa visita a Vigo o próximo día 12 de xullo. Data na que percorrerán pola estrada vella os quilómetros que separan Redondela de Vigo.


Próxima xuntanza

Esta mobilización precede a xuntanza recén confirmada cos conselleiros de Industria, Traballo, Empresa e Comités de Empresa, que terá lugar o vindeiro día 16 ás 17:00 horas en San Caetano.

A xuntanza do día 16 resposta á petición realizada polas centrais sindicais, que foi refrendada días despois por unanimidade do Parlamento de Galiza, a través dunha moción na que, ademais, os grupos parlamentarios solicitan que se lles remitan as conclusións da devandita xuntanza.

 
 
Informacións relacionadas
29/06/2007 Aproban por unanimidade a iniciativa para saber cal é a afectación real do trazado do TAV sobre a mina de Serrabal e o emprego
O Parlamento apoia a celebración dunha xuntanza entre Administración, Grupo Villar Mir e organizacións sindicais
26/06/2007 Queren saber a afectación real da mina, senón pararán os tres centros de traballo
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica exixen unha xuntanza con Industria, Traballo e Villar Mir
21/06/2007 A reunión entre sindicatos, traballadores, ADIF, técnicos e Xunta remata sen acordo
Sen avances no conflito de Serrabal
06/06/2007 Os traballadores afectados polo trazado do tren de alta velocidade desconvocan temporalmente as medidas de presión
ADIF comprométese a presentar nunha semana un novo informe sobre o impacto do AVE na mina de Serrabal
05/06/2007 Anuncian accións sorpresa para presionar á Administración galega e a Fomento
Os traballadores de Serrabal exixen o posicionamento da Xunta sobre o trazado do TAV “sen ambigüidades”
28/04/2007 Comprometeuse a respostar en 15-20 días e se non é así adoptaranse medidas
Touriño acepta estudar o cambio de trazado do TAV ao seu paso por Serrabal
24/04/2007 Arredor de 2.000 persoas participaron na manifestación celebrada en Compostela
Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo de Serrabal e Ferroatlántica
14/04/2007 Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo
Os Comités de Ramsa e Ferroatlántica en Cee e Sabón convocan unha manifestación para o sábado 21
21/03/2007 Desde o 2003 piden á Administración un cambio de trazado do TAV que posibilite a explotación e garanta os postos de traballo
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, apoia ás demandas dos traballadores da mina de Serrabal
15/03/2007 Os conselleiros de Industria e Traballo confirman que recibirán aos comités de Empresa
Traballadores de Ferroatlática cortan o tráfico diante da Xunta en demanda dun cambio de trazado
25/11/2006 Demandan un trazado alternativo do Tren de Alta Velocidade
Os traballadores da Mina de Serrabal cortan o tráfico na estrada entre Santiago e Ourense
06/10/2006 Os traballadores da mina do Serrabal paralizan as obras do TAV en demanda dun cambio do trazado
18/08/2006 CIG-Metal manifesta a súa oposición ao trazado do TAV ao seu paso por Vedra e Boqueixón
09/08/2006 Para garantir a viabilidade da explotación mineira e o mantemento da totalidade dos postos de traballo
Os traballadores da mina de Serrabal seguen a mobilizarse por unha modificación do trazado do TAV
29/07/2006 Critica que se centre o problema nos cartos ao empresario e non nos postos de traballo
CIG-Químicas cuestiona a indemnización de 325 millóns a Villar Mir polo peche da mina de Serrabal
14/07/2006 Demandan un cambio de trazado do AVE para que se manteñan os postos de traballo
Os traballadores de Ramsa e Ferroatlántica en Sabón e Cee concéntranse en San Caetano
07/04/2006 Os traballadores de RAMSA preocupados polas informacións publicadas a respecto do trazado do AVE
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/07/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta