|
Actualidade
Santiago, 27 de xullo de 2007
Recibiron á presidenta do Parlamento,
Dolores Villarino, á entrada da Catedral
Os traballadores de Serrabal reivindican no Día da Patria o cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade
| |
 |
| Membros do Comité de Empresa de Serrabal
e Ferroatlántica en Cee e Sabón participaron na manifestación convocada o Día da Patria
en Compostela, e colocáronse a carón da pancarta de cabeza para chamar a atención dos medios
de comunicación portando camisetas coas lendas “Salvar Serrrabal” e “Cambio trazado TAV”. (Foto: ©galizacig.com 25/07/2007). |
| |
Membros do Comité de Empresa de Serrabal
e Ferroatlántica en Cee e Sabón levaron aos diversos actos convocados con motivo do Día da
Patria a súa demanda de cambio do trazado do TAV ao seu paso por Vedra e Boqueixón.
Así, ás nove da mañá
do 25 de xullo xa estaban agardando pola presidenta do Parlamento de Galiza, Dolores Villarino, que participaba
nos actos relixiosos que, como cada ano, se celebran na Catedral de Santiago.
Malia os intentos da policía por evitar
a súa presenza, os membros dos comités, colocados en primeira fila, xusto á entrada da Catedral,
sacaron as camisas e descubriron unhas camisetas nas que se podía ler, pola parte de diante “Salvemos Serrabal”
e pola parte de atrás “Cambio de trazado”.
Tras deste acto, os participantes nesta simbólica
mobilización trasladáronse á Alameda para participar na manifestación convocada con
motivo do Día da Patria, na que tamén se colocaron a carón da pancarta de cabeza para chamar
a atención dos medios de comunicación.
|