Actualidade Volver a Actualidade


A Coruña, 21 de agosto de 2007

Unha sentenza avala que houbo fraude na contratación e valora a indemnización en 45 días por ano traballado
A Xustiza recoñece a improcedencia de 26 despedimentos de traballadores/as de Atento

 

CIG-Comunicación -

cig.prensa@galizacig.com


  Logotipo da empresa Atento; clic para aumentar
A sentenza, que foi comunicada hoxe, tamén recoñece a antigüidade da maioría destes empregados/as desde a data da sinatura do primeiro contrato. (Foto: ©galizacig.com).
 
Unha sentenza do Xulgado do Social nº 1 de A Coruña recoñece a improcedencia dos despedimentos de 26 traballadores/as de Atento afiliados á CIG. O fallo xudicial considera que a situación contractual destes empregados é fraudulenta ao entender que son persoal indefinido e non persoal contratado por obra, tal como estaban en Atento antes do seu despedimento.

A sentenza, que foi comunicada hoxe, tamén recoñece a antigüidade da maioría destes empregados/as desde a data da sinatura do primeiro contrato. Atento indemnizara até o momento as persoas despedidas con tan só 8 días por ano traballado, ao considerar que os despedimentos se deben a unha redución de obra por diminución do volume de chamadas. Esta argumentación da empresa foi rexeitada pola Xustiza valéndose dun informe da Inspección de Traballo, que indica que mentres en A Coruña se despedía xente no 1004, este servizo de atención ao cliente se reforzaba con máis contratacións de persoal nos centros de traballo de Atento en Jaén e León.

A CIG está estudando recorrer esta sentenza para que se recoñeza a nulidade destes 26 despedimentos. A central nacionalista, ao mesmo tempo, reitera a súa preocupación acerca da continuidade a curto prazo de Atento na cidade de A Coruña. Estes temores vense acrecentados polos novos despedimentos no servizo do 1004 noutros centros de traballo do Estado, como por exemplo o de Valencia, onde se comunicaron recentemente 25 despedimentos máis.

 
 
Informacións relacionadas
04/07/2007 A CIG solicitou a nulidade alegando fraude na contratación
Xuízo polos despedimentos de Atento en A Coruña
08/06/2007 As administracións subvencionaron a creación de postos en Jaén e León nesta filial de Telefónica
O Comité de Atento evidencia como a empresa desviou carga de traballo cara outros centros do Estado
09/05/2007 A Consellaría de Traballo tamén fixo público o seu rexeite porque non permite garantir os postos en Galiza
O Comité de Empresa de Atento A Coruña rexeita o acordo asinado por CCOO e UGT
17/04/2007 A mobilización coincidiu coa convocatoria dunha xornada de folga de 24 horas
Os traballadores/as de Atento demandan a intervención da Xunta de Galiza cunha concentración en San Caetano
13/04/2007 Hai convocada unha folga para o 16 de abril
O Comité de Atento pide á Xunta que obrigue a empresa a readmitir os despedidos
27/03/2007 Estas autorizacións poden pór os alicerces dun novo proceso de deslocalización das empresas de Telemárketing de A Coruña
A CIG esíxelle ao Goberno español que paralice a cesión de datos de usuarios de telefonía ao estranxeiro
24/03/2007 “En defensa do emprego, ningún despido máis” foi o lema da marcha
5.000 persoas bótanse ás rúas coruñesas na defensa dos postos de Atento
23/03/2007 Mónica Díaz, vicepresidenta do Comité de Empresa de Atento en A Coruña e delegada da CIG:
“Familias enteiras viven do Telemárketing en A Coruña”
21/03/2007 A xuntanza mantida entre empresa e sindicatos, baixo a mediación da Inspección de Traballo, foi infructuosa
Atento fai efectivos os 179 despedimentos en A Coruña
17/03/2007 Xa houbo reunións co alcalde e a Inspección de Traballo
Continúa o conflito polo futuro de Atento en A Coruña
O BNG presenta varias preguntas no Congreso acerca da actuación policial do pasado 15 de marzo en A Coruña
Aumenta a repulsa popular á carga contra traballadoras e traballadores de Atento
16/03/2007 Insta á Consellaría de Traballo a que constitúa unha mesa de negociación coa empresa e mais os sindicatos
A CIG denuncia a carga contra os traballadores/as de Atento e esixe a dimisión da subdelegada do Goberno
15/03/2007 Empregados e empregadas aumentarán as medidas de presión
Atento despide 179 traballadores/as en A Coruña
14/03/2007 Xa foron despedidos 18 traballadores na sede coruñesa desta filial de Telefónica
Os empregados/as de Atento en A Coruña mobilízanse na defensa dos seus postos
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións , artigos , documentos , publicacións , convenios colectivos ... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta