ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 1 de agosto de 2007

A Consellaría de Pesca abre unha vía de negociación
Os afectados pola obras do Porto Exterior demandan que o Estado asuma a parte principal das indemnizacións

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Percebeiros e mariñeiros futuro e direitos solución xa, clic para aumentar
O colectivo de pescadores e mariscadores o que demanda é unha indemnización polas perdas provocadas polas obras do Porto exterior. Obras que teñen inhabilitado a zona de extracción de peixes e mariscos onde adoitaban desenvolver a súa actividade. Xa no ano 2005 cuantificábanse os danos patrimoniais provocados polas obras nuns 27,6 millóns de euros. (Foto: ©galizacig.com).
 
O pasado luns día 30 de xullo, o colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña celebraban unha asemblea para avaliar o informe emitido polo Consello de Estado, a resposta da Autoridade Portuaria, que en función deste anunciaba que non asumiría as perdas provocadas polas obras, e a vía de comunicación aberta pola Consellaría de Pesca.

O pasado xoves día 27 de xullo anunciábase que a Autoridade Portuaria de A Coruña delegaba a decisión de indemnizar ao colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña.

Esta decisión comunicábase tras da celebración dun Consello de Administración desta entidade “convocado a última hora e con secretismo” segundo explica o portavoz do colectivo e secretario comarcal da CIG de A Coruña, Paulo Carril.

Nese Consello de Administración e amparándose no informe emitido polo Consello de Estado -no que se afirma que sería ilegal achegar axudas ao colectivo- pretendíase tratar como punto da orde a decisión de denegar toda posíbel indemnización aos afectados polas obras.

Carril explica que grazas ás presións exercidas polo colectivo conseguiuse a retirada do punto da orde do día pero matiza que “non queda claro en que termos esa retirada pretende ser unha porta para reabrir as negociacións con nós para procurar unha saída satisfactoria”.

O portavoz do colectivo critica que desde a Autoridade Portuaria se manteña a posición de asumir as teses do Consello de Estado. “Nós xa dixemos que o informe do Consello de Estado, xa por lei non é vinculante, pero da propia normativa do Consello neste mesmo informe eles mesmos din que o teñen emitido de forma potestativa, non preceptiva, porque as Autoridades Portuarias están excluídas do seu ámbito de competencia cando se trata de expedientes de responsabilidade patrimonial que só serían preceptivos no caso de tratarse de administracións públicas e no de entes de dereito público, como é o caso”.


Nova vía aberta desde a Consellaría de Pesca

Neste contexto, tras unha conversa entre a Autoridade Portuaria e representantes da Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galiza, esta anunciaba a súa intención de estudiar e asumir a execución das medidas necesarias que puideran chegar a acordarse.

Porén, na asemblea celebrada onte, alén de valorar a proposta da Consellaría de Pesca, os afectados coincidían en avaliar esta decisión como unha forma de eludir a Autoridade Portuaria a súa responsabilidade, ao igual que xa fixeran amparándose no informe emitido polo Consello de Estado. “Se esta é unha cuestión do Estado –en referencia ás obras e a quen as realiza- terá que ser o Estado quen abone os custos derivados, cando menos na súa maioría”, afirma Carril.

O colectivo de pescadores e mariscadores o que demanda é unha indemnización polas perdas provocadas polas obras do Porto exterior. Obras que teñen inhabilitado a zona de extracción de peixes e mariscos onde adoitaban desenvolver a súa actividade.

Xa no ano 2005 cuantificábanse os danos patrimoniais provocados polas obras nuns 27,6 millóns de euros, nun estudo realizado polo Grupo de Investigación da Universidade de Santiago -no que estaban integrados os economistas María do Carme García Negro e Xan Doldán, entre outros-.

O conflito leva desde principios dese ano (2005) aberto e transcorridos dous anos aínda non se lle deu unha solución por parte das autoridades competentes.

 
 
Informacións relacionadas
27/07/2007 O Consello de Estado emitiu un informe no que di que sería ilegal achegar axudas
A CIG anuncia mobilizacións se non se compensa aos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
30/06/2007 Pídenlle á Corporación municipal que inste á Autoridade Portuaria a que realice un adianto das indemnizacións
Os mariñeiros afectados polo Porto Exterior coruñés reúnense co PSOE local
22/05/2007 Están acusados de cometer un delito de coaccións nunha mobilización nas obras do Porto Exterior en 2005
Concentración nos Xulgados de A Coruña en apoio a oito mariñeiros denunciados
14/04/2007 Esixen que se aborde de maneira definitiva a resolución satisfactoria as súas reclamacións
Os afectados polo Porto Exterior solicitan á Autoridade Portuaria a convocatoria da Mesa de Traballo
06/02/2007 Os afectados polo Porto Exterior desbloquearon os accesos á obra, que mantiñan pechados desde o pasado 29 de xaneiro
A CIG valora como un paso positivo o acordo entre os mariñeiros e a Autoridade Portuaria coruñesa
30/01/2007 A Autoridade Portuaria non ofrece solucións e os traballadores seguen sen recibir compensacións polo cese da súa actividade
Os mariñeiros afectados pola construción do Porto Exterior coruñés bloquean os accesos das obras
07/08/2006 A Autoridade Portuaria incumpre os compromisos cos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
19/06/2006 Presentaron alegacións á Instrutora do Expediente de Responsabilidade Patrimonial
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior responsabiliza ao PSOE da falta de solucións
11/04/2006 O novo alcalde non os recibiu e votou contra a iniciativa aprobada no Parlamento
Os afectados polas Obras do Porto Exterior de A Coruña critican a actitude continuísta de Losada
24/03/2006 Ínstase a que o Goberno español e a Autoridade Portuaria procedan de forma urxente ao pagamento das indemnizacións
O Parlamento de Galiza aproba apoiar as reclamacións dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
27/01/2006 Conseguido o seu obxectivo, poñen fin ao peche na Delegación Provincial
Os afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña serán recibidos pola conselleira de Pesca
03/11/2005 Levan meses agardando resposta as súas demandas
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña urxen unha xuntanza co presidente da Autoridade Portuaria
29/07/2005 A CIG demanda medios suficientes para atopar o corpo do traballador falecido no Porto Exterior
28/07/2005 CIG-Construción propón a CCOO e UGT denunciar ante a Inspección a morte do traballador do Porto Exterior
23/07/2005 Considera que a falta de prevención causou a morte do traballador o martes 19 de xullo
A CIG denuncia ás empresas encargadas das obras do Porto Exterior de A Coruña
22/07/2005 O sindicato presentará denuncia diante da Inspección de Traballo
Solidariedade da CIG coa familia do traballador finado en accidente de traballo nas obras do Porto Exterior
16/06/2005 Pecháronse nas dependencias da Consellaría de Pesca e fixeron unha pitada
Sonora protesta dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
26/05/2005 Afectados polas obras do Porto Exterior
Mariscadores, percebeiros e barcos de baixura siguen faenando malia iniciarse as voladuras
19/05/2005 As perdas ascenden a 27,6 millóns de euros
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior reúnese co presidente da Autoridade Portuaria
10/05/2005 O venres 13 de maio celebrarán unha asemblea xeral para avaliar a situación
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña adoptarán medidas ante o silencio das autoridades
30/03/2005 CIG e colectivos de afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan indemnizacións
26/02/2005 Os afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan diálogo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/08/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta