|
Actualidade
A Coruña, 19 de setembro de 2007
Oitenta delegacións de todo o Planeta
participaron en Bruxelas neste encontro organizado pola Federación Sindical Mundial
A CIG estivo presente na Conferencia Internacional Sindical sobre a Muller
| |
 |
| Cartaz da Conferencia Internacional Sindical
de mulleres traballadoras. |
A secretaria confederal da Muller, María
do Carme López Santamariña, interveu en representación da CIG na Conferencia Internacional
Sindical sobre a Muller traballadora que se celebrou o 13 e 14 de setembro en Bruxelas, baixo o lema “Mesmos dereitos
no traballo e na sociedade!”.
A esta cita, organizada pola Federación
Sindical Mundial (WFTU nas súas siglas en inglés), acudiron 80 delegacións de países
de todos os continentes, incluídas as de nacións sen Estado como Galiza, Euskal Herria ou os Països
Cataláns.
De seguido anexamos a ponencia de María
do Carme López Santamariña, titulada “A
muller traballadora nas situacións actuais e o papel do movemento sindical clasista”.
|