|
Actualidade CIG-Comunicación-
Durante os últimos anos temos asistido a un importante incremento da actividade produtiva e de servizos dos Centros Especiais de Emprego. Un sector económico que ten permitido a incorporación dun grande número de discapacitados e discapacitadas ao mundo do traballo. Mulleres e homes cuxas condicións físicas, sensoriais, psíquicas e mentais fan precisa unha aplicación específica da Lei de Prevención de Riscos Laborais. Compre, para estes traballadores e traballadoras, a utilización dunha ferramenta de seguridade e defensa da saúde que contribúa a xerar conciencia empresarial e colectiva sobre a importancia de tratar ós traballadores e traballadoras discapacitados con especificidade de seu. Diante desta necesidade, o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega está a elaborar unha “Guía de Boas Prácticas para a Prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego” na que se prantexan os vieiros polos que debe andarse o camiño na prevención nestes Centros de Traballo. Durante a elaboración da guía, o Gabinete Técnico de Saúde Laboral puido coñecer valiosísimas experiencias neste sector económico, polo que considerou oportuno que estas sirviran de punto de encontro para Centros Especiais de Emprego de Galiza. Por iso acordou a realización deste Encontro que permitirá compartir experiencias e coñecementos.
Programa 10:00 horas: Recepción de Participantes. 10:30 horas: Inicio Mesas de Traballo. Mesa 1: “A Formación en materia de Prevención de Riscos Laborais nos CEEs”. A cargo de FEAPS de Valladolid. Mesa 2: “A aplicación da perspectiva de xénero na Prevención de Riscos nos Centros Especiais de Emprego”. A cargo do Centro Andaluz de Integración Laboral (CAILU). Mesa 3: “Método Ergo-dis para a Avaliación dos Riscos Ergonómicos en traballadoras/es con discapacidade”. A cargo de responsables do Instituto de Biomecánica de Valencia. 14:00 horas: Clausura a cargo do secretario xeral da CIG e representantes da Consellería de Traballo. 14:30 horas: Xantar de clausura.
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/09/2007 |
|||||||||
|