ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 29 de setembro de 2007

A CIG advirte do posíbel incremento da conflitividade no sector
Apoio unánime dos traballadores da Construción á folga convocada a partir do día 2 de outubro

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Obra na rúa Aragón de Vigo; clic para aumentar
Non só a Construción presenta problemas na Negociación Colectiva. Convenios importantes como o de Mármores e Pedras e Madeira atópanse paralizados ou con ritmos moi lentos ante a oposición da patronal a atender as reivindicacións sindicais. (Foto: Edificio en construción. ©Fernando Pol).
 
Os traballadores da Construción da provincia de Pontevedra manifestaron o seu apoio unánime á folga convocada para o próximo 2 de outubro nas diversas asembleas convocadas en toda a provincia. A Federación da Construción valora moi positivamente as mostras de adhesión e advirte dos problemas que se están a dar na negociación colectiva doutros convenios do sector.

O pasado xoves 27 de setembro, reuníase a Executiva Comarcal da Federación da Construción e Madeira da CIG en Vigo para analizar a situación da Negociación Colectiva nos sectores integrados nesta Federación e para ultimar os preparativos da Folga da Construción que se inicia o próximo día 2 de outubro.

Ese mesmo día remataban as asembleas convocadas en toda a provincia por mor da convocatoria da folga. Unhas asembleas nas que os traballadores manifestaron, de forma unánime, o seu apoio “fartos de padecer a degradación continua das condicións laborais a cambio duns salarios que a duras penas serven para atender as necesidades básicas das familias”, explican.


Negociación colectiva no sector

Na xuntanza da Executiva Comarcal da Federación constatouse que non só a Construción presenta problemas na Negociación Colectiva. Convenios importantes como o de Mármores e Pedras e Madeira atópanse paralizados ou con ritmos moi lentos ante a oposición da patronal a atender as reivindicacións sindicais. Por iso, nesa xuntanza concluíuse que “de non desbloquearse a situación nos próximos días, pode levarnos á convocatoria de inminentes mobilizacións”.

Tamén están se pechar outros convenios como os de Derivados do Cemento e o que se inicia este ano e no que se inclúen as Industrias Extractivas.

Diante deste panorama, a Executiva da FCM-CIG valorou a situación como “moi crítica” e acordou que, de non conseguir avances significativos na marcha da negociación, nos próximos días poderían propor aos traballadores e ao resto dos sindicatos iniciar mobilizacións nestes outros ámbitos.

A Federación advirte que isto “podería desembocar nunha forte conflitividade na provincia ao coincidir conflitos que afectan a preto de 60.000 traballadores”. / Paula Castro.

 
 
Informacións relacionadas
26/09/2007 Xuntanzas con todos os sindicatos
Asemblea dos traballadores da Construción en Vigo preparando a folga da vindeira semana
20/09/2007 Os paros serán os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro e indefinidos a partir do 16 do mesmo mes
Convocada a folga da Construción na provincia de Pontevedra
08/09/2007 A patronal presenta proposta provocadora
Ruptura das negociacións do Convenio Provincial de Pontevedra da Construción
13/06/2007 Se nunha semana non hai resposta convocarase folga indefinida no sector na provincia de Pontevedra
CIG-Construción reúnese coa APEC para fixar unha data máxima para a Mesa Negociadora do Convenio
25/05/2007 Ábrese a posibilidade de folga indefinida no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
24/05/2007 Os traballadores do sector non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
23/05/2007 Xosé Xoán Melón, secretario nacional de CIG-Construción:
“Se o noso obxectivo se cumple o 23 e 24 convocaremos folga indefinida na Construción a mediados de xuño”
09/05/2007 Queren promover mobilizacións conxuntas para que se negocie o Convenio colectivo
A Federación da Construción da CIG convoca a CCOO e UGT para frear a precariedade no sector
20/04/2007 A CIG desenvolverá unha campaña de información cara a iniciar de inmediato mobilizacións
Rotas as negociacións do Convenio provincial da Construción en Pontevedra
01/03/2007 Os pactos de contención salarial fan do Estado español o único da UE en 10 anos no que os salarios medran por debaixo da inflación
Concentración por un Convenio provincial da Construción fronte á Patronal en Vigo
14/02/2007 Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta