|
Actualidade CIG-Comunicación-
Reparto de panfletos, debate e organización para a convocatoria de folga na Construción na provincia de Pontevedra foron os eixos centrais desta Asemblea na cidade de Vigo. Alí déronse cita un grupo numeroso de traballadores da Construción, na que se falou da organización das próximas xornadas de mobilización e loita dos traballadores deste sector na provincia de Pontevedra para acadar un convenio que recolle as demandas dos traballadores da Construción.
A continuación reproducimos o panfleto que se distribuíu nesta Asemblea:
Desde CIG, UGT e CCOO facemos un chamamento a todos os traballadores afectados polo Convenio da Construción da provincia de Pontevedra, para defender os nosos dereitos. Como sabedes estamos a negociar o convenio, e nestes momentos rompéronse as negociacións. Polo tanto non nos queda máis alternativa que comezar con medidas de forza, que fagan á patronal sentarse para seguir negociando, e así poder conseguir aqueles obxectivos que os traballadores nos marcamos por unhas condicións de traballo e salariais máis dignas para todos. Os sindicatos decidimos convocar FOLGA xeral no sector, para os días: 2, 3, 4, 9, 10 de outubro, e a partir do 16 a folga será indefinida. Este ano ten que ser o punto de inflexión para poñer de unha vez por todas as cousas no seu sitio. Os sindicatos, por riba de das diferenzas que podamos ter, fomos capaces de pór por diante a unidade en beneficio duns obxectivos comúns. O resumo da plataforma conxunta é: salarios (máis diferenza entre categorías), xornada continua no verán, estabilidade no emprego, redución do tempo no desprazamento, ascensos automáticos, incremento das dietas, máis período no complemento da IT na enfermidade común, novo artigo de licencias e dereito a solicitar a xubilación parcial. A patronal non entende, ou mellor dito, non quere entender que os traballadores da construción non son escravos, senón que teñen a mesma dignidade que calquera outro. O sector da construción é tan digno como o do automóbil, o do metal, ou calquera outro. Esta patronal ten que saber que hai que adaptarse aos tempos, e polo tanto é, na negociación colectiva onde temos que correxir aqueles desaxustes que hai ao día de hoxe. Os traballadores sabemos que a loita vai ser dura, pero a patronal ten que saber que vamos a ser capaces de darlle resposta a todos os envites que nos poidan facer. Os traballadores estamos convencidos de que este ano ten que ser o da Construción, e que nos tocou loitar por mellorar os nosos dereitos, e ímolo facer con todas as nosas forzas. Os tres sindicatos temos acordado facer asembleas conxuntas, para que todos teñamos a máxima información sobre todo o que ten pasado ata agora, e o que se vai facer. As asembleas, serán ás 8 da tarde, nos seguintes lugares e días:
Nota: É moi importante a asistencia ás asembleas, pois é fundamental que o que alí falemos e discutamos llo transmitamos ao resto dos nosos compañeiros, para poder lograr un bo convenio. A FOLGA ten que ser un éxito total. Sen loita e traballo non se consigue nada». |
||||||||||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 26/09/2007 |
||||||||||||||||||||||||
|