ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 25 de setembro de 2007

Os sinistros laborais aumentaron, nos oito primeiros meses deste ano, un 6,67% con respecto ao mesmo período de 2006
Cada tres días laborábeis hai un morto en accidentes no traballo en Galiza

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Alfonso Tellado e Fernando Solla; clic para aumentar
Alfonso Tellado, director do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG, relacionou as altas cifras de sinistralidade nas obras públicas, nomeadamente na construción do AVE, coas presións políticas que existen para finalizalas o antes posíbel. (Foto: Alfonso Tellado (esquerda) e Fernando Solla. ©galizacig.com 24/09/2007).
Xornadas sobre prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego  
-Encontro
 
Cada tres días laborábeis hai un morto no traballo en Galiza. A sinistralidade aumentou entre xaneiro e agosto deste ano un 6,67% con respecto ao mesmo período de 2006. A cifra total de accidentes laborais nos oito primeiros meses do presente ano elévase a 33.934.

Alfonso Tellado, director do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG, relacionou as altas cifras de sinistralidade nas obras públicas, nomeadamente na construción do AVE, coas presións políticas que existen para finalizalas o antes posíbel. Estas presas, segundo Tellado, impiden que haxa estudos dos terreos e que se estabelezan medidas de prevención. Ademais, sinalou a subcontratación e o aforro de custes das empresas como outros factores determinantes da altísima sinistralidade laboral rexistrada no país.

Estes datos foron expostos polo propio Tellado e Fernando Solla, técnico superior do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG, na presentación ante os medios do encontro sobre Prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego que se desenvolverá no Pazo de Mariñán o 25 de setembro.


Accidentes con baixa en xornada laboral por sectores de actividade e gravidade
xaneiro-agosto 2006/2007
Galicia

2006

2007

% var

2006

2007

% var

 

Leves

Graves

Agricultura

922

956

3,69

72

36

-50,00

Pesca

1.161

1.019

-12,23

41

60

46,34

Industria

10.462

11.330

8,30

180

145

-19,44

Construción

8.147

8.684

6,59

188

179

-4,79

Servizos

10.440

11.326

8,49

152

156

2,63

Total

31.132

33.315

7,01

633

576

-9,00

 

Mortais

Totais

Agricultura

2

2

0,00

996

994

-0,20

Pesca

4

5

25,00

1.206

1.084

-10,12

Industria

8

6

-25,00

10.650

11.481

7,80

Construción

15

14

-6,67

8.350

8.877

6,31

Servizos

17

16

-5,88

10.609

11.498

8,38

Total

46

43

-6,52

31.811

33.934

6,67

 
Descarga en xls
 
pdfAccidentes con baixa en xornada laboral, xaneiro-agosto 2006/2007

 
 
Informacións relacionadas
22/09/2007 O sindicato CIG pide unha actuación urxente e de oficio por parte da Fiscalía e da Inspección de Traballo
O accidente de Cerceda evidencia a altísima sinistralidade nas obras públicas
21/09/2007 Notificáronllo así á Autoridade Laboral de Zamora no parte de Accidente dos feridos
FREMAP cualifica de “leve” o accidente na obra do AVE
11/09/2007 Representantes da CIG entrevistaranse o día 13 co responsábel autonómico da Inspección de Traballo
Seguimento rotundo do paro de 24 horas nas obras do AVE en Ourense
08/09/2007 A CIG xa alertara da necesidade dun maior control da seguridade
Un traballador morre nun grave accidente nas obras do AVE en O Carballiño
20/07/2007 Denuncia as precarias condicións laborais nas que están os traballadores estranxeiros
A CIG reclama da Delegación de Traballo de Ourense maior control en prevención nas obras do AVE e a Autovía
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta