ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 27 de setembro de 2007

Expertos de todo o Estado compartiron experiencias durante dous días no Pazo de Mariñán
Clausurado o Encontro de Prevención de Riscos Laborais nos CEE's

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Encontro de Prevención de Riscos Laborais nos CEE's; clic para aumentar
Profesionais vidos de todo o Estado español compartiron experiencias durante dous días. (Fotos: ©galizacig.com 25/09/2007).
Encontro de Prevención de Riscos Laborais nos CEE's; clic para aumentar
Alberto Ferreras, do Instituto de Biomecánica de Valencia, durante a súa intervención.
Encontro de Prevención de Riscos Laborais nos CEE's; clic para aumentar
Antolín Alcántara e a delegada provincial en A Coruña da Consellaría de Traballo.
Encontro de Prevención de Riscos Laborais nos CEE's; clic para aumentar
Alfonso Tellado, director do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG.
Encontro de Prevención de Riscos Laborais nos CEE's; clic para aumentar
“Os Centros Especiais de Emprego non poden ser unha modalidade de emprego subvencionado e en precario”, subliñou na clausura da Xornada de Expertos o secretario xeral da CIG, Suso Seixo. (Foto: ©galizacig.com 26/09/2007).
Concluíron o Encontro e a Xornada de Expertos en Prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego (CEE's) que organizou o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG no Pazo de Mariñán. Profesionais vidos de todo o Estado español compartiron experiencias durante dous días.

“Os Centros Especiais de Emprego non poden ser unha modalidade de emprego subvencionado e en precario”, subliñou na clausura da Xornada de Expertos o secretario xeral da CIG, Suso Seixo. O máximo responsábel da central incidiu na necesidade de que estes espazos sirvan para a inserción laboral das persoas discapacitadas e para a súa equiparación en dereitos co resto dos traballadores.

Seixo recoñeceu no seu discurso o traballo realizado polo Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG por ter organizado as presentes xornadas e pola elaboración da “Guía de Boas Prácticas para a Prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego”. O secretario xeral tamén agradeceu a presenza dos representantes das entidades convidadas.


Os discapacitados non poden ser man de obra barata

“Ser traballador discapacitado non significa ser man de obra barata” apuntou o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG, Antolín Alcántara, durante a súa intervención na primeira xornada. Apostou por incentivar a inserción laboral das persoas discapacitadas aumentando as porcentaxes que por lei teñen reservadas estes traballadores nas empresas. Alcántara tamén se referiu á negociación colectiva como unha boa ferramenta para fomentar o acceso ao mercado laboral destas persoas.

FEAPS de Valladolid expuxo no Encontro o proxecto “Adalid”, unha guía de seguridade, hixiene e ergonomía destinada aos traballadores con discapacidade para que aprendan a recoñecer os riscos laborais nas súas actividades diarias. O Instituto de Biomecánica de Valencia explicou o “Método Ergo-dis”, que avalía os riscos ergonómicos no traballo dos empregados con discapacidade.

Nas dúas xornadas tamén estiveron presentes representantes da Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales e da Consellaría de Traballo.

 
 
Informacións relacionadas
14/09/2007 Encontro no Pazo de Mariñán o próximo 25 de setembro
A prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta