|
Actualidade
A Coruña, 29 de setembro de 2007
Membros da CIG acudiran ao lugar para reclamar
o pagamento das débedas a catro operarios portugueses
Condenan López Pintos pola acción sindical na obra de OYC en Mugardos
| |
 |
| “Con estas sentenzas proliferarán os
empresarios piratas. Fun condenado por defender os dereitos dos traballadores”, manifestou Xesús Anxo López
Pintos. (Foto: ©galizacig.com). |
| |
Xesús Anxo López Pintos foi condenado
a pagar unha indemnización de 600 euros “por danos morais” ao encargado da obra da construtora OYC Compostela
en Mugardos na que catro obreiros portugueses levaban mes e medio sen cobrar. Membros da CIG acudiran ao lugar
o pasado 14 de marzo para reclamarlle á empresa o pagamento das cantidades adebedadas a estes traballadores.
A sentenza tamén lle impón ao secretario
comarcal da CIG-Ferrol unha multa de 20 días a razón de seis euros diarios por unha falta de coaccións.
Mentres, López Pintos anunciou que recorrerá este fallo xudicial, que lle foi comunicado o 28 de
setembro.
“Con estas sentenzas proliferarán os empresarios
piratas. Fun condenado por defender os dereitos dos traballadores”, manifestou o secretario comarcal de Ferrol.
/ Antón
Álvarez Sanz.
|