|
Actualidade CIG-Comunicación-
Mentres eses sindicatos presentaban de cara á galería unha proposta conxunta de convenio (excluíndo loxicamente á CIG) na que non figuraba a apertura das oficinas todas as tardes, aceptaban a proposta da patronal e incluso taxaron a porcentaxe de oficinas que permitirían que abriran polas tardes. A actual situación de incerteza que vivimos no sistema financeiro derivada das crises das hipotecas en EEUU e Gran Bretaña chama á cautela, tamén no que respecta ás políticas laborais. Ante este novo escenario económico as caixas propoñen un novo escenario de negociación abandonando a pretensión de desregulación horaria. Dende a CIG, tal e como dixemos na Mesa, queremos deixar claro que estamos orgullosos de que a patronal das caixas de aforros e o resto da representación sindical teñan claro que non poden contar con nós para a apertura das oficinas polas tardes, que nun principio afectaría ás caixas de aforro pero abriría unha porta para todo o sector financeiro. Tamén insistimos en que aínda non compartindo o actual marco de negociación e apostando claramente por un Convenio galego, respectamos e esiximos respecto para a Mesa legalmente constituída para negociar o convenio colectivo e, dende esa perspectiva, solicitamos da patronal que na seguinte reunión faga, por primeira vez, unha proposta completa de convenio na Mesa de Negociación. Dada esta situación, entendemos que a curto prazo poderíamos asistir á sinatura de un convenio de trámite con moi escaso contido.
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/09/2007 |
|||||||||||||||
|