ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 20 de setembro de 2007

Os paros serán os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro e indefinidos a partir do 16 do mesmo mes
Convocada a folga da Construción na provincia de Pontevedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Obra de construción en A Coruña; clic para aumentar
A folga no sector da Construción da provincia de Pontevedra está convocada para os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro. Os paros serán indefinidos a partir do día 16 do mesmo mes. Nos vindeiros días celebraranse asembleas de traballadores en Vigo, Pontevedra, O Porriño, Vilagarcía de Arousa e A Guarda. (Foto: ©galizacig.com).
 
CIG, UGT e CCOO convocaron a folga no sector da Construción da provincia de Pontevedra para os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro. Os paros serán indefinidos a partir do día 16 do mesmo mes de non alcanzarse antes a un acordo coa patronal. Os tres sindicatos acordaron un anteproxecto de negociación con demandas que debe incluír o novo convenio.


Principais reivindicacións dos sindicatos

• O novo convenio terá unha vixencia de tres anos.

• Fomento da estabilidade no emprego para que os traballadores fixos non representen menos do 40% do cadro de persoal das empresas.

• Redución de dúas horas no cómputo anual.

• Diminución considerábel dos tempos de desprazamento dos operarios aos seus postos de traballo.

• Ascensos automáticos de categoría aos tres anos para que os peóns pasen a ser axudantes de oficio.

• Ampliación do complemento de incapacidade temporal por enfermidade común, así como das licenzas e permisos.

• O operario que leve 20 anos traballados poderá solicitar el mesmo a xubilación parcial anticipada independentemente do que considere o patrón.

• A media da táboa salarial terá que experimentar, como mínimo, unha suba do dobre con respecto ao asinado no último convenio.

No tocante a este último punto, Xosé Xoán Melón, secretario nacional da Federación de Construción da CIG, indica que un oficial de primeira cobra aproximadamente o 25% do seu salario en negro, polo que demanda a regularización da situación para que se perciba en nómina a integridade do soldo.

Por outra banda, nos vindeiros días celebraranse asembleas de traballadores en Vigo, Pontevedra, O Porriño, Vilagarcía de Arousa e A Guarda.

 
 
Informacións relacionadas
08/09/2007 A patronal presenta proposta provocadora
Ruptura das negociacións do Convenio Provincial de Pontevedra da Construción
13/06/2007 Se nunha semana non hai resposta convocarase folga indefinida no sector na provincia de Pontevedra
CIG-Construción reúnese coa APEC para fixar unha data máxima para a Mesa Negociadora do Convenio
25/05/2007 Ábrese a posibilidade de folga indefinida no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
24/05/2007 Os traballadores do sector non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
23/05/2007 Xosé Xoán Melón, secretario nacional de CIG-Construción:
“Se o noso obxectivo se cumple o 23 e 24 convocaremos folga indefinida na Construción a mediados de xuño”
09/05/2007 Queren promover mobilizacións conxuntas para que se negocie o Convenio colectivo
A Federación da Construción da CIG convoca a CCOO e UGT para frear a precariedade no sector
20/04/2007 A CIG desenvolverá unha campaña de información cara a iniciar de inmediato mobilizacións
Rotas as negociacións do Convenio provincial da Construción en Pontevedra
01/03/2007 Os pactos de contención salarial fan do Estado español o único da UE en 10 anos no que os salarios medran por debaixo da inflación
Concentración por un Convenio provincial da Construción fronte á Patronal en Vigo
14/02/2007 Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta