ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 13 de setembro de 2007

Setex Aparki readmite o traballador despedido
Desconvocada a folga no servizo municipal de guindastre de Vigo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Depósito do guindastre municipal Vigo na Avenida de Madrid; clic para aumentar
O traballador do servizo municipal de guindastre do Concello de Vigo que fora despedido pola concesionaria, Setex Aparki, foi readmitido pola empresa logo dunha mediación na Inspección de Traballo.
 
O traballador do servizo municipal de guindastre do Concello de Vigo que fora despedido pola concesionaria, Setex Aparki, foi readmitido pola empresa logo dunha mediación na Inspección de Traballo que se estendeu durante catro horas. Por tanto, o cadro de persoal desconvocou a folga que tiña previsto iniciarse a partir das 00:00 do 17 de setembro.

A mediación que desembocou na readmisión do empregado despedido prolongouse desde as 10:00 até as 14:00 horas do 12 de setembro. A postura dos traballadores foi inamovíbel en todo momento e advertiron a empresa que sen readmisión non habería acordo posíbel. Finalmente a Setex Aparki non lle ficou máis remedio que acceder á demanda do cadro de persoal.

 
 
Informacións relacionadas
12/09/2007 Os traballadores reaccionan ante o despedimento dun compañeiro por parte da concesionaria, Setex Aparki
O persoal do servizo municipal de guindastre de Vigo irá á folga
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta