|
Actualidade
A Coruña, 22 de setembro de 2007
O sindicato CIG pide unha actuación
urxente e de oficio por parte da Fiscalía e da Inspección de Traballo
O accidente de Cerceda evidencia a altísima sinistralidade nas obras públicas
| |
 |
| Unha vez máis os traballos nunha obra
pública cóbranse na Galiza a vida dun traballador como no accidente do 21 de setembro en Cerceda,
no que morreu un obreiro e outro resultou ferido.
(Foto: ©Fran Martínez/La Opinión A Coruña). |
| |
A CIG quere trasladar, en primeiro lugar, as
súas condolencias á familia do traballador finado o 21 de setembro nas obras do AVE en Cerceda e
expresar, do mesmo xeito, o seu apoio ao operario ferido. Este accidente laboral evidencia novamente a altísima
sinistralidade que rexistran as obras públicas na Galiza.
Unha vez máis os traballos nunha obra pública
cóbranse na Galiza a vida dun traballador como no accidente do 21 de setembro en Cerceda, no que morreu
un obreiro e outro resultou ferido, ou como ocorreu no sinistro do 7 de setembro nas obras do AVE en O Carballiño.
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG de A
Coruña, e Vitorino Ares, responsábel comarcal da Federación de C
| |
|
|
| A CIG considera que as obras públicas deben ser exemplo
do cumprimento estrito da lexislación en materia de seguridade laboral, mais a alta sinistralidade rexistrada
indica todo o contrario. |
| |
onstrución da central, estiveron presentes na zona onde se rexistrou o accidente. Os dous sindicalistas
esixen a actuación inmediata e de oficio por parte da Fiscalía e da Inspección de Traballo
para que se depuren responsabilidades, mesmo penais, polo accidente de Cerceda.
A CIG considera que as obras públicas deben
ser exemplo do cumprimento estrito da lexislación en materia de seguridade laboral, mais a alta sinistralidade
rexistrada indica todo o contrario.
A Consellaría de Traballo ten que actuar
con contundencia para erradicar a sinistralidade, arbitrar medidas efectivas para combater esta lacra e abandonar
a propaganda na que está instalada. Por outra banda, as subcontratas que traballan na obra do AVE en Cerceda
son o paradigma da inexistencia de medidas de seguridade.
|