ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 22 de setembro de 2007

Mantense a concentración convocada para o día 26 de setembro en Compostela
O BNG anuncia á CIG que intentará que se derrogue o plus dos altos cargos aproveitando a Lei de Orzamentos

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Carlos Aymerich, Suso Seixo e Anxo Louzao; clic para aumentar
Carlos Aymerich (esquerda), portavoz do grupo parlamentario do BNG comunicaba ao secretario xeral da CIG, Suso Seixo (centro), e ao secretario nacional da Federación de Ensino, Anxo Louzao, a intención do seu grupo de utilizar como vía para intentar derrogar a disposición adicional 17ª a Lei de Orzamentos. (Foto: ©galizacig.com 21/09/2007).
 
A Confederación Intersindical Galega iniciaba na mañá do venres 21 de setembro a rolda de entrevistas cos grupos parlamentarios, dentro da campaña posta en marcha pola central para procurar a derrogación da disposición adicional 17ª (o chamado plus dos altos cargos). O BNG, primeiro dos grupos en recibir ao sindicato, anunciaba nesa xuntanza a súa intención de aproveitar a Lei de Orzamentos para eliminar esa disposición.

Carlos Aymerich, portavoz do grupo parlamentario do BNG comunicaba ao secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e ao secretario nacional da Federación de Ensino, Anxo Louzao, a intención do seu grupo de utilizar como vía para intentar derrogar a disposición adicional 17ª a Lei de Orzamentos.

Para a CIG esta disposición, que entrou en vigor o pasado luns día 17 de setembro, logo de ter sido aprobada polo conxunto dos grupos parlamentarios o pasado mes de xullo supón, segundo explicaba Suso Seixo, “crear un corpo de elite composto por persoas –que acceden voluntariamente ao posto como altos cargos- nomeadas de forma discrecional por cada goberno, por cada forza política”. A CIG entende ademais que é unha inmoralidade xa que moitos dos que votan no Parlamento unha lei como esta van ser beneficiarios desta medida.


Valoración positiva

Tras da xuntanza Suso Seixo valorou moi positivamente esta resposta e especialmente que o BNG recoñeza que foi un erro tela apoiado con anterioridade, a pesar de que esa decisión se adoptara por mor dos pactos de goberno subscritos co PSOE.

Quedan pendentes as entrevistas cos grupos parlamentarios socialista e popular para os que aínda non hai data fixada, aínda que a CIG agarda que se celebren nun breve período de tempo.

A CIG mantén a súa intención de celebrar o próximo día 26 de setembro unha concentración diante de San Caetano e promover a presentación dunha Iniciativa lexislativa popular se estes contactos non dan o resultado agardado.

 
 
Informacións relacionadas
19/09/2007 Non descarta promover unha inciativa lexislativa popular
A CIG anuncia campaña para derrogar o complemento de destino para altos cargos da Administración
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta