ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 8 de setembro de 2007

Os operarios consideran moi grave a discriminación que fai Ricardo Varela con respecto aos compañeiros de As Pontes
O conselleiro de Traballo esquécese dos mineiros das auxiliares de Meirama

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga empresas auxiliares minas carbón Meirama e As Pontes; clic para aumentar
O conselleiro de Traballo está a incumprir a resolución unánime do Parlamento galego para recolocar nas compañías principais e prexubilar os mineiros galegos das auxiliares do carbón, así como un acordo aprobado no Congreso español sobre este mesmo tema. (Foto: Manifestación “polo futuro e polo emprego” do 11 de abril en A Coruña dos traballadores das auxiliares do carbón. ©galizacig.com).
 
Os mineiros das auxiliares de Meirama censuran a discriminación que pretende estabelecer o conselleiro de Traballo entre eles e os seus compañeiros de As Pontes. Non entenden que Ricardo Varela anunciase hai días a presentación dun plan de emprego na vila pontesa para recolocar o persoal das auxiliares en Endesa e ignorase, ao mesmo tempo, o futuro laboral dos mineiros de Meirama.

“Todos somos mineiros galegos, os de Meirama e As Pontes, e parécenos moi grave que o conselleiro de Traballo estabeleza discriminacións entre uns e outros porque as dúas concas van pechar o 31 de decembro”, manifesta Alejandro Barreiro, portavoz dos mineiros das auxiliares de Meirama, en relación co anuncio que fixo hai días Ricardo Varela en As Pontes.

O conselleiro de Traballo está a incumprir a resolución unánime do Parlamento galego para recolocar nas compañías principais e prexubilar os mineiros galegos das auxiliares do carbón, así como un acordo aprobado no Congreso español sobre este mesmo tema. “Descoñecemos se Ricardo Varela ten intereses políticos ou particulares no plan de As Pontes mais é inxusto que discrimine os mineiros de Meirama”, apunta Barreiro.

Os mineiros das auxiliares de Meirama recordan que en xuño deste ano mantiveran unha xuntanza con Ricardo Varela en calidade de secretario de Organización do PSdG-PSOE. “Daquela dixéranos que ía facer todo o que estaba ao seu alcance para axudarnos mais agora bótanos as mans ao pescozo”, indica o seu portavoz. Insiste, ademais, na discriminación que segue a existir co persoal das auxiliares do resto do Estado, que si se beneficiará de recolocacións e prexubilacións.

 
 
Informacións relacionadas
03/08/2007 Ministerio de Industria e a patronal exclúen ao persoal das subcontratas dos criterios de incorporación ás empresas
A última documentación do Plan Miner agudiza a discriminación dos mineiros galegos
19/07/2007 O ministro non cre prudente que o plan social para a minería integre ao sector auxiliar
A CIG considera inadmisíbeis as declaracións de Clos que deslexitiman o acordo do Congreso para o carbón
12/07/2007 Aproveitaron a visita á cidade do ministro de Industria, Turismo e Comercio
Traballadores das auxiliares do carbón e delegados da CIG demandan en Ferrol solucións polo peche das minas
28/06/2007 O presidente da Xunta amosa unha actitude submisa fronte ao Ministerio de Industria
Touriño demostra a súa falta de compromiso cos traballadores das auxiliares do carbón
14/06/2007 As dúas forzas políticas comprométense a emprender iniciativas na defensa do futuro laboral destes operarios
Os mineiros das auxiliares do carbón reúnense en Santiago co BNG e PP
20/04/2007 Celebrarase unha asemblea para fixar un novo calendario de mobilizacións
Os traballadores das auxiliares da minaría do carbón levan a Compostela as súas demandas
19/04/2007 As asembleas de traballadores son as convocantes dos paros e a CIG é a única central que os secunda
Os mineiros das auxiliares desmenten UGT e CCOO e sinalan que foron chamadas á folga
18/04/2007 Os traballadores de Meirama cortaron o tráfico ferroviario entre A Coruña e Santiago durante media hora
Os mineiros das auxiliares endurecerán as medidas de protesta
12/04/2007 A CIG esíxelle á Delegación do Goberno español que interceda ante a Comisión de Seguimento do Plan Miner II
Trescentos mineiros reclaman en A Coruña solucións para o persoal das auxiliares do carbón
11/04/2007 Haberá manifestación o día 11 de abril, que partirá ás 12 horas da praza da Palloza de A Coruña
Novo éxito da folga das auxiliares do carbón na segunda xornada de paro
29/03/2007 O paro foi total nas minas de Meirama e As Pontes
Seguimento do 100% da folga convocada pola CIG nas empresas auxiliares do carbón
23/03/2007 A CIG respaldou, desde o inicio, ás demandas dos traballadores
O Congreso aproba que os traballadores das auxiliares do carbón se beneficien das prexubilacións e recolocacións
14/03/2007 Os dereitos dos operarios das auxiliares seguen sen ser recoñecidos
A CIG apoia convocatoria a folga dos traballadores das minas de lignito de Meirama e As Pontes
29/01/2007 Lignitos de Meirama segue negándose a incorporar estes operarios ante o peche da mina de Cerceda o 31 de decembro de 2007
A CIG urxe á Comisión do Plano Miner II e a Limeisa unha solución global aos traballadores das auxiliares do carbón
04/10/2006 Máis de 500 persoas demandan alternativas para os traballadores das auxiliares de Meirama en Ordes
30/09/2006 Demandan solucións para os 220 despedimentos que provocará o peche da mina
Apoio masivo dos Comités de Empresa das auxiliares á manifestación convocada para o sábado en Ordes
26/09/2006 Os traballadores ratificaron en asemblea a convocatoria de manifestación para o día 30 en Ordes
Limeisa mantén o desinterese polos 220 despedimentos que provocará o peche da mina de Cerceda
20/09/2006 Convocan unha manifestación en Ordes o sábado 30 de setembro
Os traballadores das auxiliares de Meirama exixen que se efectivicen as prexubilacións e recolocacións
27/07/2006 Novas xornadas de folga na minaría do carbón de Cerceda e As Pontes
20/07/2006 A CIG considera un descrédito para CCOO e UGT, que non se sumaron á folga
Comezou a folga nas minas de carbón cun seguimento do 100%
14/07/2006 Hai un compromiso de acordo sen ratificar pola ausencia de Endesa na xuntanza e a mobilización se mantén
A CIG fai un chamamento a CCOO e UGT para que secunden a folga nas minas de Cerceda e As Pontes
12/07/2006 Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta