ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 12 de setembro de 2007

Os traballadores reaccionan ante o despedimento dun compañeiro por parte da concesionaria, Setex Aparki
O persoal do servizo municipal de guindastre de Vigo irá á folga

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Novos vehículos Setex Aparki guindastre municipal Vigo; clic para aumentar
Setex Aparki SA é a empresa concesionaria do guindastre municipal vigués desde hai catro meses.
 
O persoal da empresa concesionaria do servizo municipal de guindastre do Concello de Vigo está chamado a secundar a folga que convocou a CIG a partir das 00:00 horas do 17 de setembro. Os traballadores esixen a readmisión do encargado que, despois de 15 anos de servizo, foi despedido de maneira improcedente.

Os 34 empregados aprobaron en asemblea esixir a readmisión do compañeiro, cuxo contrato foi rescindido por Setex Aparki recoñecendo mesmo a improcedencia do despedimento. O xefe da Inspección de Traballo na provincia de Pontevedra, José Casas de Ron, mediará entre a empresa e a parte social nun acto que se celebrará o 12 de setembro.

Setex Aparki SA é a empresa concesionaria do guindastre municipal vigués desde hai catro meses. Os tres delegados de persoal son da CIG e máis da metade do cadro de persoal está afiliado ao sindicato nacionalista.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta