|
Actualidade
A Coruña, 19 de setembro de 2007
O presidente da Autoridade Portuaria de A
Coruña actúa de mala fe e elude os seus compromisos co colectivo de damnificados
Os afectados polas obras do Porto Exterior esixen o cesamento de Fernández Alonso
| |
 |
| Paulo Carril (no centro da imaxe) acompañado
dos portavoces dos mariñeiros, Joaquín Sanmiguel
(esquerda) e Luís Dopico. (Foto: ©galizacig.com 18/09/2007). |
| |
Os mariñeiros afectados polas obras do
Porto Exterior de A Coruña solicitan ao presidente da Xunta e á conselleira de Política Territorial
o cesamento inmediato de Macario Fernández-Alonso como presidente da Autoridade Portuaria coruñesa.
O representante legal dos mariñeiros, Paulo
Carril, considera que Fernández Alonso actúa de mala fe e fai un uso case delituoso da lexislación
con tal de eludir os diversos compromisos que adquiriu co colectivo de afectados. Fernández Alonso segue
a facer ouvidos xordos ás resolucións do Parlamento galego, Congreso dos Deputados e os concellos
de A Coruña e Arteixo que apoian a indemnización aos mariñeiros.
Carril tamén anunciou a remisión
de cartas ao presidente e ao vicepresidente da Xunta e ao presidente do PP galego, Alberto Núñez
Feijoo, nas que os mariñeiros lles solicitan unha xuntanza para trasladarlles o grande desacougo que padecen
pola demora na resolución das compensacións.
Paulo Carril lembrou que o pasado 27 de xullo
retirárase da orde do día da última xuntanza do Consello de Administración da Autoridade
Portuaria o asunto relativo ao expediente de responsabilidade patrimonial dos afectados polas obras do Porto Exterior
e se chegara á conclusión de que a Consellaría de Pesca, xunto coa Autoridade Portuaria, promoverían
unha negociación cos damnificados para satisfacer as demandas destes. Transcorrido máis dun mes,
aínda non se celebrou a xuntanza da Mesa de Traballo entre afectados, Consellaría de Pesca, Autoridade
Portuaria e Delegación do Goberno, pese a que os mariñeiros solicitaron en reiteradas ocasións
a súa convocatoria urxente.
Bloqueo de Política Territorial
á CIG
Carril tamén denunciou que a Consellaría
de Política Territorial está a bloquear o nomeamento do vogal da CIG no Consello de Administración
da Autoridade Portuaria que lle corresponde á central, logo dos resultados que acadou en maio nas últimas
eleccións do persoal do Porto coruñés. Ao mesmo tempo, o secretario comarcal da CIG censurou
os plans previstos para recualificar os terreos do Peirao de Baterías sen que aínda estea en funcionamento
a dársena exterior de Punta Langosteira.
|