|
Actualidade CIG-Comunicación-
“Considerámonos discriminados pois desde o comezo da xestión da conselleira vimos reclamándolle que nos recibise para transmitirlle a situación de precariedade que padecemos desde hai moitos anos”, indica Milton Pérez, da CIG-Saúde. María José Rubio, que inaugurou instalacións no Instituto Médico Quirúrgico San Rafael o 27 de setembro, recibira hai dous anos, noutra visita a este hospital privado coruñés, unha carta dos representantes dos traballadores do sector pola CIG, UGT e CCOO onde lle expresaban o seus problemas, as dificultades para negociar o convenio e lle pregaban que lles concedese unha entrevista. “Lamentabelmente nin a esta nin a outras cartas nos respondeu”, manifesta o representante da CIG-Saúde. Ante a nova visita ao IMQ San Rafael e outras que vén realizando aos distintos centros privados da provincia, a CIG-Saúde pídelle á conselleira que teña a mesma consideración cos traballadores dos hospitais privados que ten cos empresarios do sector. María José Rubio non pode ignorar a perda de poder adquisitivo e a precariedade que están a sufrir estes empregados derivadas da paralización desde comezos de ano da negociación do convenio colectivo provincial da Sanidade privada. A conselleira tampouco pode esquecer que máis da metade dos centros médicos privados da provincia manteñen concertos económicos co SERGAS. Polo tanto, a Consellaría de Sanidade non pode ser cómplice da precariedade e das malas condicións laborais existentes no sector. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/09/2007 |
||||
|