|
Actualidade
A Coruña, 14 de setembro de 2007
A solicitude vai dirixida á Consellaría
de Pesca e ao presidente da Autoridade Portuaria
Os mariñeiros de Punta Langosteira insisten na convocatoria urxente da Mesa de Traballo
| |
 |
| Os mariñeiros len a prensa durante o
bloqueo das obras do Porto Exterior de A Coruña o pasado mes de xaneiro. (Foto: ©galizacig.com). |
| |
O representante legal dos mariñeiros
afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña, Paulo Carril, remitiu escritos dirixidos á Consellaría
de Pesca e ao presidente da Autoridade Portuaria nos que os insta a convocar a maior brevidade posíbel a
Mesa de Traballo. Carril reclama que se aborde de forma definitiva a resolución satisfactoria as reclamacións
de responsabilidade patrimonial.
Carril lembra que, o pasado 27 de xullo e con
motivo da reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de A Coruña, retirárase
da orde do día o asunto relativo ao expediente de responsabilidade patrimonial dos afectados polas obras
do Porto Exterior e se chegara á conclusión de que a Consellaría, xunto coa Autoridade Portuaria,
promoverían unha negociación cos damnificados para satisfacer as demandas destes.
O representante dos mariñeiros recorda
que, a día de hoxe, a intranquilidade do sector vai en aumento ao ter transcorrido máis dun mes sen
que houber ningunha perspectiva de reunión da Mesa de Traballo, ao estar convocada a nova xuntanza do Consello
de Administración para o 19 de setembro.
A Mesa de Traballo está formada, ademais
da Consellaría de Pesca e a Autoridade Portuaria, pola Delegación do Goberno español e polos
afectados representados por Paulo Carril. Foi constituída o 31 de marzo de 2005 na Delegación do
Goberno co obxectivo de paliar as consecuencias e danos económicos ocasionados pola construción da
dársena exterior coruñesa.
|