ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 5 de setembro de 2007

Medio centenar de compañeiros apoian o secretario comarcal ferrolán ás portas dos Xulgados
Piden 2.400 euros a López Pintos por defender os dereitos dos traballadores

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Medran escravistas, xulgan sindicalistas; clic para aumentar
Pouco antes do comezo do xuízo, medio centenar de compañeiros amosaron o seu apoio e solidariedade con López Pintos nunha concentración perante as portas dos xulgados ferroláns, baixo o lema “Medran escravistas, xulgan sindicalistas”.
Xesús Anxo López Pintos; clic para aumentar
López Pintos explicou que o obxectivo de que un grupo de sindicalistas da CIG se presentase o 14 de marzo nesta obra non era outro que demandarlle á empresa o pagamento dos salarios adebedados os obreiros portugueses. (Fotos: ©galizacig.com 04/09/2007).
 
A acusación solicita un total de 2.400 euros a Xesús Anxo López Pintos pola presunta comisión de tres faltas. A construtora OYC Compostela atribúelle estes feitos despois de que varios sindicalistas da CIG se presentasen o 14 de marzo nunha obra da empresa en Mugardos para pedirlle responsabilidades polo impagamento do salario a catro obreiros portugueses.

O responsábel comarcal da central pediu, no seu dereito á última palabra, a libre absolución “e o cumprimento das condicións laborais dos traballadores”. “Actuei máis que como secretario comarcal como persoa solidaria e volvería facer o mesmo”, manifestou durante a vista o sindicalista, que negou todos os cargos que presentou contra el a acusación.

López Pintos explicou que o obxectivo de que un grupo de sindicalistas da CIG se presentase o 14 de marzo nesta obra non era outro que demandarlle á empresa o pagamento dos salarios adebedados os obreiros portugueses. Desmentiu que se coaccionase o resto de operarios para que parasen de traballar, así como uns presuntos danos no material de traballo.

Finalmente e grazas a esta acción da CIG, os catro traballadores estranxeiros puideron percibir os seus cartos e regresar ao país veciño. “A situación dos catro obreiros era un caso extremo de explotación laboral e de negreirismo”, aseverou no decurso do xuízo o secretario comarcal.

A acusación, pola súa banda, solicitou tres multas de 600 euros por faltas de coaccións, ameazas e vexacións. Tamén pediu unha indemnización de 600 euros “polos danos morais ocasionados” ao denunciante, Jesús Noya Álvarez, encargado da obra.

Pouco antes do comezo do xuízo, medio centenar de compañeiros amosaron o seu apoio e solidariedade con López Pintos nunha concentración perante as portas dos xulgados ferroláns, baixo o lema “Medran escravistas, xulgan sindicalistas”.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta