|
Actualidade CIG-Comunicación-
Xosé Xoán Melón, secretario nacional da CIG Construción, presente en todas as xuntanzas que tiveron lugar pola negociación do Convenio, infórmanos do que aconteceu esta tarde: “a dinámica das dúas últimas reunións cambiou por completo pola postura que mantivo a patronal. Nós tiñamos pensado facer unha primeira intervención na que íamos propoñer unha aceleración do proceso, con reunións intensivas pero xa non nos deu tempo. A patronal realizou a primeira intervención e fixo unha proposta exclusivamente salarial e moi inferior ás realizadas noutras xuntanzas, con unha vontade exclusivamente provocadora e con ánimo de ruptura”. Melón avalía que “de feito eles xa viñan con unha idea prefixada, porque a persoa da patronal, que fixera outras propostas que tiñan en conta o anteproxecto da CIG, desta volta nin tan siquera falou. Foi Ángel Pérez, presidente da APEC, quen se dirixiu en todo momento aos sindicatos, e nesta mesma reunión houbo quen nos insinuou que na reunión da patronal do día anterior a premisa que se fixara é que baixo ningún concepto había que entrar a negociar as propostas que a CIG tiña de mellora para este Convenio provincial”. Diante desta nova situación na que se encontra a negociación do Convenio provincial de Pontevedra, no que lembremos que a CIG conta coa maioría da representación sindical, Xosé Xoán Melón afirmou que “é unha decepción total e frustrante, porque agardábamos algo máis deste proceso”. Así mesmo, nos próximos días, e de feito aproveitando que este luns 10 de setembro se negociará o Convenio de Carpintaría, a CIG falará con CCOO e UGT, que asumiron tamén a ruptura das negociacións, na procura da unidade de acción sindical para a convocatoria de mobilizacións e folga canto antes, a mediados ou finais de setembro. |
||||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/09/2007 |
||||||||||||||||||
|