|
Actualidade CIG-Comunicación-
“O paro foi un éxito total porque a xente foi solidaria e todo o mundo colaborou”, sinala Xan Losada, responsábel da CIG-Construción de Ourense. O sindicalista adiantou que representantes da central se reunirán con toda probabilidade o 13 de setembro co director da Inspección de Traballo en Galiza, Carlos Domenech. Na xuntanza marcarase un seguimento das xornadas de traballo, así como das medidas de seguridade. Por outra banda, os traballadores das obras do AVE na provincia ourensá seguen a denunciar a realización de xornadas excesivas que, nalgúns casos, mesmo sobrepasan as doce horas. Ademais, os operarios que traballan no interior dos túneles exceden en moitas ocasións as seis horas. |
|||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/09/2007 |
|||||||
|