ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 4 de setembro de 2007

O 21 de setembro desde as nove da mañá
Xornadas de conciliación e igualdade laboral no marco da Comarca de Vigo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Xornadas Conciliación e igualdade no marco laboral; clic para aumentar
Baixo o título “Conciliación e igualdade no marco laboral”, estas xornadas, que contarán cun aforo limitado a cen persoas, servirán para mellorar a formación na intermediación laboral e introducir a necesaria perspectiva de xénero na acción sindical. (Descarga o folleto das Xornadas).
 
A CIG da Comarca de Vigo, entidade socia da agrupación de desenvolvemento do proxecto Equal Conta con elas, organiza para o vindeiro venres 21 de setembro unha xornada de formación sobre o novo panorama laboral que se abre en cuestión de xénero despois das mudanzas normativas a nivel estatal e galego.

O lugar no que se desenvolverán estas xornadas será o Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz 24-25, Vigo), nun horario que vai desde as nove da mañá e até as dúas e media da tarde.

Baixo o título “Conciliación e igualdade no marco laboral”, estas xornadas, que contarán cun aforo limitado a cen persoas, servirán para, a través do aproveitamento do proxecto Conta con elas, mellorar a formación na intermediación laboral e introducir a necesaria perspectiva de xénero na acción sindical.


Mudanzas lexislativas

Ao longo deste intenso día serán presentadas conferencias nas que se analizarán pormenorizadamente as novas leis en materia laboral para a igualdade, tanto as promulgadas a nivel galego como as que foron publicadas no Estado, así como os novos dereitos que se acadaron para a conciliación na lexislación laboral.


Negociación colectiva, plans de igualdade e saúde laboral

Ademais outros moitos temas serán abordados: igualdade e conciliación na negociación colectiva, a saúde laboral desde a perspectiva de xénero; e unha das cuestións máis novidosas é que se contará coa participación de Laura Estévez, que é a técnica do proxecto Conta con elas que está a facer diagnósticos nas empresas da área metropolitana de Vigo para desenvolver, como obriga a lei, plans de igualdade.

A continuación anexamos o programa en pdf no que podedes atopar máis información sobre estas xornadas.

 
Descarga en pdf
 
pdfXornadas Conciliacion e igualdade no marco laboral

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta