|
Actualidade CIG-Comunicación-
Para a CIG esta condena non se tiña que ter producido, máis cando se trata duns feitos ocorridos no seo dunhas protestas en defensa do benestar do conxunto dos veciños e da súa seguridade vial. Mobilizacións nas que, por outra banda, se deu unha participación masiva dos habitantes desta parroquia. A CIG lembra que a concentración na que se produciron os feitos que deron lugar á sentenza pola que se lles condena a sete anos de cárcere viu precedida por unha carga policial brutal e desproporcionada na que mesmo resultaron afectadas persoas de avanzada idade. Cómpre lembrar que o Consello de Ministros rexeitou concederlles o indulto malia estar a súa solicitude avalada por miles de sinaturas recollidas no seo dunha ampla campaña posta en marcha por numerosas organizacións sociais. Diante desta inxusta situación, a CIG demanda o seu non ingreso en prisión e chama a participar masivamente na manifestación convocada para o vindeiro domingo. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 17/10/2007 |
|||||||
|