|
Actualidade CIG-Comunicación-
O accidente laboral tivo lugar ao caer o traballador desde o alto dunha obra en construción no Concello do Pereiro, o mesmo no que hai escasos días se producira outro ferido grave. Estes dous accidentes, segundo explica Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG de Ourense, “revisten especial gravidade e veñen sumarse a unha escalada na sinsitralidade nesta provincia no que vai de ano, que leva a contabilizar 2.919 accidentes até o 30 de agosto”. Unha cifra que supón un incremento do 7,71% (209 en número absolutos) con relación ao mesmo período do ano anterior, dos cales 43 foron cualificados como graves e 6 mortais. Diante deste preocupante panorama a CIG insiste na necesidade desa xuntanza entre organizacións sindicais, a Consellaría de Traballo, Inspección e Fiscalía, de cara a preparar un plan de actuación que poña freo a esta gravísima situación. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 10/10/2007 |
||||
|