ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 17 de outubro de 2007

A central nacionalista estuda convocar unha folga se non se corrixen estas irregularidades
A CIG denunciará na Inspección a falta de seguridade nas grúas autopropulsadas

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Guindastre autopropulsado; clic para aumentar
A CIG convocará folga no sector se non se corrixen as irregularidades en materia de seguridade e se non se reactiva a negociación do primeiro convenio galego de grúas autopropulsadas, que actualmente está paralizado. (Foto: ©galizacig.com).
 
A CIG ten constancia de que gruístas reciben ordes dos xefes para burlar os mecanismos de control do peso das cargas e dos ventos dos que dispoñen os guindastres autopropulsados. A central nacionalista vai pór en coñecemento da Inspección de Traballo está situación.

Operadores de guindastres autopropulsados informaron a CIG de que as empresas non lles dan ningún tipo de instrucións en materia de seguridade. Esta irregularidade, xa grave de por si, non é a única. Os gruístas a miúdo reciben ordes dos xefes para que ignoren os sistemas de control do peso das cargas e do vento que veñen instalados nesta clase guindastres.


Negociación do Convenio paralizada

A CIG convocará folga no sector se non se corrixen as irregularidades en materia de seguridade e se non se reactiva a negociación do primeiro convenio galego de grúas autopropulsadas, que actualmente está paralizado.

O sindicato nacionalista celebrará asembleas de traballadores por todo o país nas próximas semanas. O 19 de outubro realizarase en A Coruña, o 20 en Santiago de Compostela e o día 27 en Lugo. En Ourense e Vigo aínda están por concretar as datas.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta