|
Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG de Ourense vén de manifestar a súa indignación e sorpresa pola “indiferenza” coa que é tratada esta lacra por parte dos dirixentes políticos, “perdidos en debates estériles e improdutivos, mentres centos de traballadres e as súas fmilias sofren este drama día a día”. O secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, lembra que “case non pasa un día que non se produza na nosa privincia un accidente laboral con resultado de lesións graves para o traballador que o sofre”. Diante desta situación, a CIG demanda que esta situación extrema force a que se adopten medidas de choque e se afronte a problemática con eficacia e contundencia. Para iso solicita que se convoque de forma urxente unha xuntanza na que participen as centrais sindicais, a Inspección de Traballo, a Fiscalía do Estado e a propia Delegación de Traballo da Xunta.
|
|||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/10/2007 |
|||||||||
|