ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 10 de outubro de 2007

Tívose en conta a gravidade do sinistro e as precarias
condicións laborais

A CIG exerce a acusación popular no proceso xudicial polo accidente laboral nas obras do AVE

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Accidente mortal nas obras do AVE en O Carballiño o 07/09/2007; clic para aumentar
A decisión vén motivada pola gravidade do accidente que supuxo a morte dun traballador e varios feridos e polas condicións nas que se traballa nas obras do AVE, que “non se axustan á legalidade vixente”. (Foto: Ás seis da mañá do venres 7 de setembro de 2007 derrubouse parte da plataforma superior sobre un dos piares do viaduto encol do río Arenteiro, nas obras do tren de alta velocidade en O Carballiño. A consecuencia fatal foi a morte dun traballador e catro feridos).
 
Con motivo das dilixencias previas abertas no Xulgado de Instrución de O Carballiño, derivadas do grave accidente laboral ocorrido nas obras do AVE, a CIG da Comarca de Ourense acordou presentarse como acusación popular en tutela e defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras.

Esta decisión vén motivada, segundo explica Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG de Ourense, pola gravidade do accidente que supuxo a morte dun traballador e varios feridos e polas condicións nas que se traballa nas obras do AVE, que “non se axustan á legalidade vixente, non só en materia de seguridade laboral, senón tamén en canto ás condicións degradantes nas que se traballa nas subcontratas”.

A Unión Comarcal dirixiu un escrito ao xulgado solicitando que se teña en conta á CIG no proceso e se lle traslade todo o actuado, por ser unha facultade que lle corresponde segundo a Constitución.

 
 
Informacións relacionadas
22/09/2007 O sindicato CIG pide unha actuación urxente e de oficio por parte da Fiscalía e da Inspección de Traballo
O accidente de Cerceda evidencia a altísima sinistralidade nas obras públicas
21/09/2007 Notificáronllo así á Autoridade Laboral de Zamora no parte de Accidente dos feridos
FREMAP cualifica de “leve” o accidente na obra do AVE
11/09/2007 Representantes da CIG entrevistaranse o día 13 co responsábel autonómico da Inspección de Traballo
Seguimento rotundo do paro de 24 horas nas obras do AVE en Ourense
08/09/2007 A CIG xa alertara da necesidade dun maior control da seguridade
Un traballador morre nun grave accidente nas obras do AVE en O Carballiño
20/07/2007 Denuncia as precarias condicións laborais nas que están os traballadores estranxeiros
A CIG reclama da Delegación de Traballo de Ourense maior control en prevención nas obras do AVE e a Autovía
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta