|
Actualidade CIG-Comunicación-
A Confederación Intersindical Galega considera que estas detencións supoñen unha flagrante vulneración dos dereitos fundamentais individuais e colectivos. Para a Confederación Intersindical Galega, actitudes coma esta poñen en cuestión o chamado “Estado de Dereito”, que tanto se di defender desde determinadas instancias, ao impediren que persoas que non están incursas en causa algunha ou sobre as que non hai sentenza xudicial firme fagan uso de dereitos inalienábeis como o de reunión ou de asociación e ao negaren o seu dereito a expresar libremente as súas ideas. A Confederación Intersindical Galega entende que estas detencións arbitrarias ordenadas pola Audiencia Nacional responden a motivacións políticas e prodúcense como resposta do Goberno español ao anuncio de ETA de ruptura da tregua, rachándose así co principio de separación de poderes –que é precisamente un dos que caracteriza aos chamados Estados de Dereito-, poñendo en cuestión ademais a independencia xudicial. A Executiva Confederal da CIG manifesta que, deste xeito, se pechan as vías para atopar canles de diálogo que faciliten o camiño da paz e que posibiliten así que se materialice unha solución política ao conflito que vive Euskal Herria». |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/10/2007 |
||||
|