ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 16 de outubro de 2007

Os mineiros conceden un mes para que frutifiquen as propostas das empresas e de Industria e para beneficiarse do Plan Miner II
Aprazada até o 19 de novembro a folga nas auxiliares de Meirama

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Accesos á mina de Meirama; clic para aumentar
Os mineiros das auxiliares de Meirama son os únicos do Estado que non se beneficiarán das prexubilacións contempladas no Plan Miner II. (Foto: Accesos á mina de Meirama. ©galizacig.com).
 
Os mineiros das auxiliares de Meirama decidiron en asemblea aprazar até o 19 de novembro a folga, que estaba previsto que comezase o 16 de outubro. Os traballadores optaron por agardar un mes para comprobar se se materializan as propostas das empresas auxiliares e a da Consellaría de Industria, que presentou o 15 de outubro na Mesa da Industria Auxiliar do Carbón.

A CIG considera que se produciron avances desde que formalizou a convocatoria de folga hai quince días. A proposta realizada o pasado 11 de outubro polas empresas auxiliares, aínda que é insuficiente, asegura carga de traballo en Meirama até xuño de 2008. Por tanto, gáñanse seis meses máis para que a Comisión de Seguimento do Plan Miner II acabe coa discriminación dos mineiros das auxiliares de Meirama, que son os únicos do Estado que non se beneficiarán das prexubilacións contempladas neste plan estatal. Cómpre lembrar que na devandita comisión, da que a CIG foi excluída, están presentes o Ministerio de Industria, Carbunión (patronal estatal da minaría), CCOO e UGT.

Por outra banda, Paulo Carril, representante da CIG na Mesa da Industria Auxiliar do Carbón da Xunta, considera como un avance a proposta presentada o 15 de outubro na Mesa pola Consellaría de Industria. O plan do departamento autonómico, que Carril cualifica como “realista e convincente”, prevé un calendario de recolocacións para os preto de 160 operarios das auxiliares. Ao mesmo tempo, a proposta de Industria pretende atraer novas empresas aos concellos de Cerceda e limítrofes, así como ampliar os polígonos e as dotacións de solo industrial para diversificar o emprego da comarca. Os novos postos creados serían ocupados polos mineiros das auxiliares.

 
 
Informacións relacionadas
09/10/2007 Os traballadores recrimínanlle a estes dous sindicatos que non reclamen a aplicación do Plan Miner II para as auxiliares da conca
Os mineiros de Meirama recórdanlle a CCOO e UGT que a folga foi acordada en asemblea
03/10/2007 Os dous sindicatos españois aseguraran que ían respectar todo o que determinasen os mineiros das auxiliares do carbón
UGT e CCOO descólganse da decisión da asemblea de convocar a folga en Meirama
01/10/2007 A decisión foi adoptada o 29 de setembro en asemblea de traballadores
Os mineiros das auxiliares de Meirama irán á folga a partir do 15 de outubro
13/09/2007 Os operarios celebrarán unha asemblea o día 15 na mina de Cerceda na que determinarán novas medidas
A CIG cualifica de indecente o Goberno español por facer distincións entre os mineiros galegos
08/09/2007 Os operarios consideran moi grave a discriminación que fai Ricardo Varela con respecto aos compañeiros de As Pontes
O conselleiro de Traballo esquécese dos mineiros das auxiliares de Meirama
03/08/2007 Ministerio de Industria e a patronal exclúen ao persoal das subcontratas dos criterios de incorporación ás empresas
A última documentación do Plan Miner agudiza a discriminación dos mineiros galegos
19/07/2007 O ministro non cre prudente que o plan social para a minería integre ao sector auxiliar
A CIG considera inadmisíbeis as declaracións de Clos que deslexitiman o acordo do Congreso para o carbón
12/07/2007 Aproveitaron a visita á cidade do ministro de Industria, Turismo e Comercio
Traballadores das auxiliares do carbón e delegados da CIG demandan en Ferrol solucións polo peche das minas
28/06/2007 O presidente da Xunta amosa unha actitude submisa fronte ao Ministerio de Industria
Touriño demostra a súa falta de compromiso cos traballadores das auxiliares do carbón
14/06/2007 As dúas forzas políticas comprométense a emprender iniciativas na defensa do futuro laboral destes operarios
Os mineiros das auxiliares do carbón reúnense en Santiago co BNG e PP
20/04/2007 Celebrarase unha asemblea para fixar un novo calendario de mobilizacións
Os traballadores das auxiliares da minaría do carbón levan a Compostela as súas demandas
19/04/2007 As asembleas de traballadores son as convocantes dos paros e a CIG é a única central que os secunda
Os mineiros das auxiliares desmenten UGT e CCOO e sinalan que foron chamadas á folga
18/04/2007 Os traballadores de Meirama cortaron o tráfico ferroviario entre A Coruña e Santiago durante media hora
Os mineiros das auxiliares endurecerán as medidas de protesta
12/04/2007 A CIG esíxelle á Delegación do Goberno español que interceda ante a Comisión de Seguimento do Plan Miner II
Trescentos mineiros reclaman en A Coruña solucións para o persoal das auxiliares do carbón
11/04/2007 Haberá manifestación o día 11 de abril, que partirá ás 12 horas da praza da Palloza de A Coruña
Novo éxito da folga das auxiliares do carbón na segunda xornada de paro
29/03/2007 O paro foi total nas minas de Meirama e As Pontes
Seguimento do 100% da folga convocada pola CIG nas empresas auxiliares do carbón
23/03/2007 A CIG respaldou, desde o inicio, ás demandas dos traballadores
O Congreso aproba que os traballadores das auxiliares do carbón se beneficien das prexubilacións e recolocacións
14/03/2007 Os dereitos dos operarios das auxiliares seguen sen ser recoñecidos
A CIG apoia convocatoria a folga dos traballadores das minas de lignito de Meirama e As Pontes
29/01/2007 Lignitos de Meirama segue negándose a incorporar estes operarios ante o peche da mina de Cerceda o 31 de decembro de 2007
A CIG urxe á Comisión do Plano Miner II e a Limeisa unha solución global aos traballadores das auxiliares do carbón
04/10/2006 Máis de 500 persoas demandan alternativas para os traballadores das auxiliares de Meirama en Ordes
30/09/2006 Demandan solucións para os 220 despedimentos que provocará o peche da mina
Apoio masivo dos Comités de Empresa das auxiliares á manifestación convocada para o sábado en Ordes
26/09/2006 Os traballadores ratificaron en asemblea a convocatoria de manifestación para o día 30 en Ordes
Limeisa mantén o desinterese polos 220 despedimentos que provocará o peche da mina de Cerceda
20/09/2006 Convocan unha manifestación en Ordes o sábado 30 de setembro
Os traballadores das auxiliares de Meirama exixen que se efectivicen as prexubilacións e recolocacións
27/07/2006 Novas xornadas de folga na minaría do carbón de Cerceda e As Pontes
20/07/2006 A CIG considera un descrédito para CCOO e UGT, que non se sumaron á folga
Comezou a folga nas minas de carbón cun seguimento do 100%
14/07/2006 Hai un compromiso de acordo sen ratificar pola ausencia de Endesa na xuntanza e a mobilización se mantén
A CIG fai un chamamento a CCOO e UGT para que secunden a folga nas minas de Cerceda e As Pontes
12/07/2006 Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
09/02/2006 O preacordo alcanzado retrasará a efectivización dos despidos
Desconvocada a folga de Masa Galicia
07/02/2006 Ante a pretensión da Empresa de despedir a 30 traballadores
Folga indefinida de Masa Galicia na mina de Meirama
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta