ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 11 de outubro de 2007

Continúan as manifestacións e o paro masivo
As cuestións salariais e de maior peso quedan sen resolver nesta segunda etapa da folga da Construción

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Inicio da concentración dos traballadores da Construción na Porta do Sol, que nesta xornada comezaba ás once da mañá.
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Ao comezo das marchas do quinto día de folga tiña lugar unha asemblea para informar do desenvolvemento das negociacións e decidir que accións levar a cabo.
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
A manifestación saíu desde a Porta do Sol escoltada por numerosos membros do corpo de antidisturbios da Policia Nacional, e máis de dez furgóns policiais.
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Desta volta invertiuse o camiño habitual e os folguistas encamiñaron os seus pasos no inicio cara á Rúa Elduayen, pasando despois polo Paseo de Alfonso.
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Desde a Rúa Pi i Margall os antidisturbios, polo paseo e diante, fixeron un cordón policial polos dous lados da manifestación, co que continuaron ao longo da marcha, tamén na Rúa Tomás Alonso.
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Despois de cruzar a Praza da Industria os traballadores subiron a Rúa A Coruña.
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Os traballadores cortaron o tránsito na Praza de América, tanto na rotonda como nos túneles, onde se bloqueou o acceso.
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Os obreiros, que continuaron escoltados pola policia durante todo o percorrido, subiron a Gran Vía até rematar a mobilización na Praza de España. (Fotos: ©galizacig.com 10/10/2007).
5ª xornada da Folga da Construción
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'59'', espazo en disco: 28.851.292 bytes [27,5 Mb]). Realización: Zélia García.
A quinta xornada de folga na Construción de Pontevedra obtivo de novo o apoio masivo dos traballadores, que acudiron ás marchas polo centro de Vigo, así como continuaron paradas as obras da provincia. Paralelamente, continúan as negociacións, nas que os temas máis importantes como xornada, tempo de desprazamento e melloras salariais están pendentes.

Os sindicatos e a patronal reuníronse de novo na Delegación de Traballo o pasado mércores, e aínda que se achegaron posturas en oito dos dez puntos que compoñen a listaxe das demandas dos traballadores, as diferenzas ao redor do incremento salarial e a adaptación das categorías á realidade do sector, e a actitude “intransixente” da patronal fixeron imposíbel un acordo.


Os aspectos máis importantes da negociación

Así, na cuestión da suba salarial a proposta sindical é dun incremento mensual de 5% no salario base para todas as categorías, e que exista un complemento segundo o posto de traballo que desenvolvas que signifique unha suba de 5 euros mensuais para os axudantes, de 10 euros para os oficiais de segunda, de 15 euros para os oficiais de primeira e de 20 euros para os capataces. A “contraoferta” da patronal é moi baixa e existe unha gran diferenza entre ambas as dúas, xa que é entre 2,5 e até 5 puntos inferior ao que demandan os sindicatos, segundo a categoría.

Outro dos temas aínda por concretar é o tempo de desprazamento, que no actual convenio fixa que unha hora de traslado até o centro de traballo de ida e unha hora de volta corre a conta do traballador, e a proposta sindical é reducir este tempo a media hora, ao que a patronal reaxiu moi negativamente. Por último, outra cuestión pendente é a xornada reducida, que a patronal se nega a que apareza como tal recollida no convenio.

A negociación reabrirase este xoves a partir das 18:00 horas no edificio administrativo de la Xunta, na Delegación de Traballo.


Asemblea ao comezo da concentración

Desde as once da mañá comezaban a chegar os piquetes e folguistas á Porta do Sol, que de novo se encontraban cun paro masivo en toda a provincia nesta quinta xornada.

Na asemblea, que se realizou antes de comezar unha nova marcha polas principais rúas do centro de Vigo, o secretario nacional da Federación da Construción da CIG, Xosé Xoán Melón, trasladou aos folguistas o seu “pesimismo” na posíbel resolución do conflito e explicou que, despois das once horas de negociación coa patronal que se alongaron até ás catro da mañá da pasada madrugada, a oferta de incremento salarial exposta polos empresarios supuxo mesmo unha “agresión”.

Melón subliñou que “esta patronal ten ordes de arriba de non deixar que este conflito se resolva porque non queren que sexamos exemplo para outros sectores e que esta conflitividade se traslade, por exemplo, ás outras provincias”. Sobre a negociación Melón engadiu que “nós xa cedemos todo o que podiamos ceder, e agora tócalle á patronal asumir cal é a vontade dos traballadores e a realidade do sector, porque temos que parar con estes 18 anos de parálise do sector”.

Así mesmo, fixo un chamamento para o 16 de outubro, data desde a que será indefinida esta folga, e “na que temos que ser máis, máis organizados e con máis firmeza, porque é fundamental para presionar nas negociacións”.


Manifestación “escoltada”

Despois de media hora de concentración na Porta do Sol, máis de mil cincocentos obreiros da Construción percorreron distintas rúas do centro da cidade, cortando o tráfico ao seu camiño por Elduayen, Pi y Margall, Tomás Alonso, A Coruña e Praza de América. Nesta praza os manifestantes paralizaron o tráfico na superficie e nos túneles media hora máis e, a seguir, foron cara a Praza España pola Gran Vía.

En todo momento estiveron seguidos por máis de dez furgóns policiais, así como membros do corpo policial de antidisturbios diante e nos laterais, ao que os traballadores responderon con berros de “somos traballadores, non delincuentes”.

Na Praza España continuaron a cortar o tránsito e pasadas as 13:30 horas desconvocouse esta marcha.


Acusacións da patronal

O presidente da patronal da Construción realizaba estes días declaracións aos medios de comunicación nos que cualificaba o conflito da Construción como “irracional e falto de motivos”.

Ademais, Ángel Fernández Presas, presidentes da APEC (patronal da Construción), apuntaba á CIG como a culpábel da situación actual xa que “os anos anteriores asinábamos con CCOO e UGT o convenio en Pontevedra, e agora que a CIG é maioritaria levounos onde estamos”.

 
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
5º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
 
 
Informacións relacionadas
10/10/2007 Catro detidos na marcha de Vigo
Continúan as mobilizacións e o maioritario paro na folga da Construción por cuarto día
05/10/2007 Folga consolidada na terceira xornada
Dóbrase a participación na manifestación polo centro da cidade de Vigo dos traballadores da Construción
04/10/2007 Manifestación polo centro de Vigo
Páranse as obras do Ave en Lalín nunha segunda xornada de folga na Construción masiva
03/10/2007 Seguimento masivo
Éxito na primeira xornada da folga da Construción na provincia de Pontevedra
29/09/2007 A CIG advirte do posíbel incremento da conflitividade no sector
Apoio unánime dos traballadores da Construción á folga convocada a partir do día 2 de outubro
26/09/2007 Xuntanzas con todos os sindicatos
Asemblea dos traballadores da Construción en Vigo preparando a folga da vindeira semana
20/09/2007 Os paros serán os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro e indefinidos a partir do 16 do mesmo mes
Convocada a folga da Construción na provincia de Pontevedra
08/09/2007 A patronal presenta proposta provocadora
Ruptura das negociacións do Convenio Provincial de Pontevedra da Construción
13/06/2007 Se nunha semana non hai resposta convocarase folga indefinida no sector na provincia de Pontevedra
CIG-Construción reúnese coa APEC para fixar unha data máxima para a Mesa Negociadora do Convenio
25/05/2007 Ábrese a posibilidade de folga indefinida no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
24/05/2007 Os traballadores do sector non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
23/05/2007 Xosé Xoán Melón, secretario nacional de CIG-Construción:
“Se o noso obxectivo se cumple o 23 e 24 convocaremos folga indefinida na Construción a mediados de xuño”
09/05/2007 Queren promover mobilizacións conxuntas para que se negocie o Convenio colectivo
A Federación da Construción da CIG convoca a CCOO e UGT para frear a precariedade no sector
20/04/2007 A CIG desenvolverá unha campaña de información cara a iniciar de inmediato mobilizacións
Rotas as negociacións do Convenio provincial da Construción en Pontevedra
01/03/2007 Os pactos de contención salarial fan do Estado español o único da UE en 10 anos no que os salarios medran por debaixo da inflación
Concentración por un Convenio provincial da Construción fronte á Patronal en Vigo
14/02/2007 Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta