|
Actualidade CIG-Comunicación-
Dos máis de 3.000 accidentes, 52 foron graves e 7 mortais. Precisamente nestes últimos accidentes (mortais) Ourense está por riba da media galega en relación coa poboación asegurada, tendo un Índice de Incidencia de case dous puntos porcentuais máis. Estase a falar dos accidentes que se produciron dentro da xornada laboral (sen contabilizar os denominados in itínere) e que deron lugar a unha baixa laboral do traballador lesionado. Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG Ourense, sinala que “todo isto coa cautela que sempre manifestamos sobre a fiabilidade dos datos facilitados polas empresas e as mutuas á autoridade laboral, especialmente con accidentes graves que son declarados como leves”. O secretario comarcal ourensán engade que “desde a CIG insistimos na necesidade dun maior compromiso de todas as partes implicadas, incluídas as distintas Administracións, para atallar esta sangría. Nese sentido, debemos recordar que seguimos á espera de que a Delegación de Traballo nos convoque, xunto cos demais Sindicatos, Inspección e Fiscalía, a unha mesa na que podamos vehicular ideas e propostas encamiñadas a esta loita que nos debe unir a todos”. |
|||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/10/2007 |
|||||||
|