|
Actualidade CIG-Comunicación-
A empresa alega fallos no sistema de cobros pero a realidade que con esta concentración se quixo denunciar conxuntamente desde as centrais sindicais CIG, CCOO e UGT, que convocaron unitariamente esta concentración, a situación grave de persecución sindical no Eroski Center, así como reclamar a readmisión desta traballadora ao seu posto de traballo. Desde o Comité de Empresa emitiron un comunicado conxunto no que sinalan “a repulsa pola persecución sindical a que están sometidos certos membros do Comité, e dicimos certos membros, porque sabemos que algún sindicato amarelo ten outros dereitos e por iso está a manterse á marxe de acudir a estas concentracións en apoio á compañeira despedida, polo mero feito de exercer o seu dereito a pertencer a un comité de empresa”. Estas tres centrais sindicais exixen a reincorporación inmediata ao seu posto de traballo, e rexeitan que se continúe a dar calquera tipo de persecución sindical, así como “este tipo de despedimentos por querer exercer os dereitos sindicais lexítimos”. Nesta mesma xornada presentouse ante o Xulgado do Social unha demanda para que este despedimento sexa declarado nulo, así como anunciaron desde as centrais sindicais que continuarán coas mobilizacións “até que a nosa compañeira sexa readmitida”. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 05/10/2007 |
||||
|