ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 10 de outubro de 2007

Catro detidos na marcha de Vigo
Continúan as mobilizacións e o maioritario paro na folga da Construción por cuarto día

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  4º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Desta volta os traballadores celebraron a asemblea ao comezo das mobilizacións.
4º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
4º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Os folguistas saíron no primeiro tramo desde a Porta do Sol até o cruce de Colón, polas principais vías do centro de Vigo.
4º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
4º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
4º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
A mobilización continuou a percorrer García Barbón até chegar ao nó de Isaac Peral.
4º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Esta marcha estivo acompañada en todo momento dunha forte presenza policial.
4º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Desconvocouse esta manifestación e os traballadores percorreron o camiño inverso da manifestación, subindo desta volta pola rúa Urzaiz, seguidos moi de perto polo dispositivo policial. (Fotos: ©galizacig.com 09/10/2007).
4ª xornada da Folga da Construción
  Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'40'', espazo en disco: 23.534.370 bytes [22,4 Mb]). Realización: Zélia García.
Unha nova xornada de folga comezou no sector da Construción da provincia de Pontevedra este martes 9 de outubro, con novas mobilizacións e negociacións desde o luns 8 á tarde, e na que se chegaron a acordos nos temas máis sinxelos como os permisos, a duración do convenio ou a xubilación parcial.

Os máis de 45.000 traballadores do sector da Construción de Pontevedra volvían estar chamados á folga este martes 9 de outubro, no que se volveu a dar un apoio e seguimento masivo a este paro polo Convenio provincial.

Desde as sete da mañá os piquetes volvían percorrer os distintos centros de traballo, nos que podían comprobar o apoio moi maioritario dos traballadores a esta convocatoria.


Primeira xornada de negociación

Esta nova xornada de folga dábase despois dunha primeira “toma de contacto” nas negociacións na tarde do luns 8 de outubro, na que desde as cinco da tarde e até as once e media da noite patronal e sindicatos chegaron a acordos puntuais en cuestións como a vixencia do convenio por tres anos, os permisos ou a xubilación parcial, logo de cinco horas de negociación, nas que non se trataron cuestións económicas e nunha reunión na que estivo presente o delegado provincial de Traballo, Pedro Borrajo, a directora xeral de Relacións Laborais, Pilar Cancela, e o xefe da Inspección, José María Casas.

Entre os aspectos que quedan por abordar está o incremento salarial, a redución da xornada anual en dúas horas ou a implantación da xornada continua no verán, ademais do abono do tempo de desprazamento, o aumento das dietas e os complementos.

Ademais, a patronal aceitou que se produza un ascenso automático de peón a axudante ao cabo de tres anos, aínda que coa condición de que o traballador realice un curso de formación e outro de saúde laboral.


Manifestación e catro detidos

As doce da mañá comezaban a chegar os traballadores até a Porta do Sol, punto de encontro nestas xornadas de folga e desde o que se da saída ás marchas polas principais rúas do centro de Vigo.

Nesta ocasión realizouse ao comezo desta concentración a asemblea de traballadores, na que se informou do desenvolvemento das negociacións e na que Xosé Xoán Melón, secretario nacional da Federación da Construción da CIG, subliñou “que non queremos crear falsas expectativas, porque só tratamos os temas de menor dificultade e niso chegamos a acordos, pero quedan por tratar cuestións fundamentais como a xornada e o salario”. Melón engadiu que “a folga o mércores continúa coa mesma intensidade, porque en todo caso de chegar a un acordo sempre se traería a esta asemblea para que fora sometido a votación polo conxunto dos traballadores aquí presentes”. Melón advertiu que “non se poden frustrar as demandas dos traballadores, e se desde a patronal non se quere máis conflitividade deben decatarse de cal é a vontade do persoal que está a apoiar con firmeza e forza esta convocatoria de folga”.

A manifestación, que veu precedida e acompañada por un forte dispositivo policial, percorreu as rúas de Policarpo Sanz e García Barbón até chegar ao nó de Isaac Peral. Alí concentráronse os traballadores, que decidiron desconvocar esta marcha e comezar para o mércores “a concentración ás once da mañá, para tomar outro tipo de medidas se son necesarias e as negociacións non avanzan”.

Desde Isaac Peral os traballadores fixeron a marcha en sentido inverso, baixo a presión de máis de oito furgóns policiais, que seguiron aos folguistas até a Praza de España, onde detiveron a catro traballadores, que foron levados á comisaria e acusados de alteración da orde pública. Despois de prestar declaración foron postos en liberdade.

Este mércores, a partir das 16:30 horas, ambas as partes retoman as negociacións no edificio administrativo da Xunta en Vigo.

Haberá unha nova xornada de folga este mércores, e o paro será indefinido a partir do día 16, en caso de que non haxa un acordo definitivo.

 
 
Informacións relacionadas
05/10/2007 Folga consolidada na terceira xornada
Dóbrase a participación na manifestación polo centro da cidade de Vigo dos traballadores da Construción
04/10/2007 Manifestación polo centro de Vigo
Páranse as obras do Ave en Lalín nunha segunda xornada de folga na Construción masiva
03/10/2007 Seguimento masivo
Éxito na primeira xornada da folga da Construción na provincia de Pontevedra
29/09/2007 A CIG advirte do posíbel incremento da conflitividade no sector
Apoio unánime dos traballadores da Construción á folga convocada a partir do día 2 de outubro
26/09/2007 Xuntanzas con todos os sindicatos
Asemblea dos traballadores da Construción en Vigo preparando a folga da vindeira semana
20/09/2007 Os paros serán os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro e indefinidos a partir do 16 do mesmo mes
Convocada a folga da Construción na provincia de Pontevedra
08/09/2007 A patronal presenta proposta provocadora
Ruptura das negociacións do Convenio Provincial de Pontevedra da Construción
13/06/2007 Se nunha semana non hai resposta convocarase folga indefinida no sector na provincia de Pontevedra
CIG-Construción reúnese coa APEC para fixar unha data máxima para a Mesa Negociadora do Convenio
25/05/2007 Ábrese a posibilidade de folga indefinida no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
24/05/2007 Os traballadores do sector non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
23/05/2007 Xosé Xoán Melón, secretario nacional de CIG-Construción:
“Se o noso obxectivo se cumple o 23 e 24 convocaremos folga indefinida na Construción a mediados de xuño”
09/05/2007 Queren promover mobilizacións conxuntas para que se negocie o Convenio colectivo
A Federación da Construción da CIG convoca a CCOO e UGT para frear a precariedade no sector
20/04/2007 A CIG desenvolverá unha campaña de información cara a iniciar de inmediato mobilizacións
Rotas as negociacións do Convenio provincial da Construción en Pontevedra
01/03/2007 Os pactos de contención salarial fan do Estado español o único da UE en 10 anos no que os salarios medran por debaixo da inflación
Concentración por un Convenio provincial da Construción fronte á Patronal en Vigo
14/02/2007 Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta