|
Actualidade CIG-Comunicación-
• Mentres a CIG se mobilizaba en contra da apertura polas tardes, o resto da representación sindical e a patronal mantiñan de novo reunións clandestinas nas que volvían a falar da apertura polas tardes. Este preacordo non foi presentado na Mesa legalmente constituída para negociar o convenio. • Estamos ante un preacordo, pouco máis que un relatorio de intencións; haberá que agardar a coñecer o texto definitivo para saber todas as implicacións e poder facer unha valoración completa. • O “conseguido” non é de balde, amplíanse as oficinas que poden abrir todas as tardes a través das xornadas singulares: introducen as oficinas de empresas, as que están situadas en polígonos comerciais ou as que están situadas a carón de centros comerciais. Nalgunha empresa podería abrir ata un 10% da rede de oficinas. • O exceso de euforia dos sindicatos empresariais CCOO e CSICA está xerando falsas expectativas sobre este convenio. Aconsellamos ao persoal que lea directamente o texto do preacordo e que chegue as súas propias conclusións. Por exemplo, calquera que lea o texto descubrirá que non cobrará un ¼ de paga (incluída a antigüidade ou os pluses como en calquera outra paga), senón só o 0,25 do salario base que teña no momento de percibir o Plus (haberá que agardar polo tanto ao texto definitivo para clarificar como se cobra durante o período de consolidación). En suma agardaremos a coñecer o texto definitivo para facer unha valoración completa, pero polo momento semella que as Caixas conseguiron dobregar a parte da representación sindical e poderán abrir oficinas polo serán.
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/10/2007 |
|||||||||||||||
|