ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 11 de outubro de 2007

Os salarios das/os traballadoras/es están conxelados desde 2005
Convocada folga en Unión Fenosa para que se retome a negociación do Convenio

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Fenosa: 635 millóns de beneficio neto en 2006; clic para aumentar
Con todo, o máis preocupante é que os traballadores teñen, desde o ano 2005, os seus salarios conxelados, cando “os dos directivos foron, todos, actualizados”, sinala o representante da CIG. (Foto: “2006 beneficio neto: 635 millóns de euros”, da Memoria anual de Unión Fenosa).
 
As centrais sindicais CIG, CCOO e USO veñen de acordar a convocatoria de folga en Unión Fenosa para presionar á dirección da empresa e que se retomen as negociacións do Convenio colectivo, pendente desde finais de 2005. A folga está convocada para os días 16, 18, 23, 25 e 30 de novembro e os días 7, 9, 14 e 16 de decembro.

Bautista Vega Tato, representante da CIG na empresa e membro da Executiva Confederal, explica que a convocatoria de folga vén provocada pola necesidade de presionar á empresa para que se retomen as negociacións do convenio colectivo.

Vega Tato lembra que o 31 de decembro de 2005 rematou a vixencia do convenio anterior e que desde o 1 de xaneiro de 2006, data na que se comezou a negociar este novo, non se chegou a ningún acordo. “Celebramos numerosas reunións que resultaron infrutuosas porque a empresa non tiña vontade de negociar e mantivo, en todo momento, unha postura intransixente”, afirma.

Con todo, o máis preocupante é que os traballadores teñen, desde o ano 2005, os seus salarios conxelados, cando “os dos directivos foron, todos, actualizados”, sinala o representante da CIG.

Unha das principais diferenzas entre as organizacións sindicais e a dirección de Unión Fenosa estriba na intención da empresa de reducir dereitos consolidados dos traballadores, algo que non están dispostos a aceptar.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta