ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 5 de outubro de 2007

Folga consolidada na terceira xornada
Dóbrase a participación na manifestación polo centro da cidade de Vigo dos traballadores da Construción

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  3º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Os folguistas saíron desde a súa concentración na Porta do Sol.
3º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
3º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
3º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
Os traballadores camiñaron por Policarpo Sanz até chegar ao Cruce de Colón, no que fixeron a súa primeira parada.
3º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
3º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
3º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
3º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
A manifestación percorreu polas rúas de Urzaiz, Gran Vía até chegar á Praza de España.
3º xornada folga Construción provincia Pontevedra; clic para aumentar
A mobilización rematou nunha asemblea final de valoracion. (Fotos: ©galizacig.com 03/10/2007).
3ª xornada da Folga da Construción
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'25'', espazo en disco: 10.035.036 bytes [9,56 Mb]). Realización: Zélia García.
Remata a primeira quenda de xornadas de folga da Construción nesta primeira semana de outubro cunha avaliación “moi satisfactoria”, e que posibilita afrontar as futuríbeis negociacións coa patronal con grande forza e unidade. O máis destacábel deste último día foi o grande aumento de participación na manifestación polo centro de Vigo.

No terceiro día de folga, e ante o masivo seguimento do paro na Construción, este xoves continuaban os piquetes para informar do desenvolvemento da folga, e tiñan lugar novas concentracións dos traballadores da Construción, así como a manifestación que percorría as principais rúas do centro de Vigo.


Dóbrase a participación

O máis salientábel desta xornada foi o aumento da participación na mobilización e concentración de traballadores desde a Porta do Sol en Vigo, que mesmo dobrou o número de persoas que se mobilizaron nas dúas anteriores xornadas.

Así, desde as doce da mañá comezaban a darse cita traballadores que chegaban desde os distintos piquetes e zonas da comarca, nos que se daba unha alta presenza de mocidade do sector, que se uniu a esta convocatoria masivamente.

Ás doce e media comezaban a percorrer o mesmo traxecto que na xornada anterior, desde Policarpo Sanz parando no cruce de Colón, continuando por Urzaiz, a Gran Vía, até chegar á Praza de España, na que tivo lugar a asemblea final.


Avaliación moi positiva

Xosé Xoán Melón, secretario nacional da CIG Construción, reflexionaba así nesta asemblea sobre esta “primeira etapa da folga, que se o deseñáramos milimetricamente non teriamos mellores resultados, porque a xente se foi animando progresivamente, xornada a xornada, nun sector como este que se levaba moitos anos sen mobilizar”.

Melón engadía que nesta convocatoria de folga “conseguimos transmitir o sentir do conxunto dos traballadores da Construción, porque a xente estaba farta de ver frustrada as súas expectativas, e de sufrir unha continua perda de poder adquisitivo”.

O secretario nacional da Construción da CIG avaliaba tamén esta primeira etapa como “moi satisfactoria, xa que o que queriamos conseguir está conseguido porque enviamos unha mensaxe moi clara á patronal de forza, e teñen que aceitar que esta folga non é ningunha loucura de ningún sindicato en particular, senón a vontade colectiva dos traballadores da Construción”.


Conflito que vai ser duro e longo

Melón adiantaba que “estamos ante un conflito que vai ser duro e longo, pero no que temos todo que gañar e nada que perder”; e nese sentido, sobre a posíbel mediación da Consellaría de Traballo para volver ás negociacións afirmou que “se nos chama Traballo, sentarémonos a negociar, pero sen presas nin urxencias, porque o martes continuaremos coa folga e as mobilizacións, aínda que teñamos as negociacións en paralelo”.

Quedaba con esta asemblea final pechada a primeira quenda de mobilizacións e folga polo Convenio provincial da Construción de Pontevedra até o martes 10 de outubro e mércores 11, no que se retomará a folga.

 
 
Informacións relacionadas
04/10/2007 Manifestación polo centro de Vigo
Páranse as obras do Ave en Lalín nunha segunda xornada de folga na Construción masiva
03/10/2007 Seguimento masivo
Éxito na primeira xornada da folga da Construción na provincia de Pontevedra
29/09/2007 A CIG advirte do posíbel incremento da conflitividade no sector
Apoio unánime dos traballadores da Construción á folga convocada a partir do día 2 de outubro
26/09/2007 Xuntanzas con todos os sindicatos
Asemblea dos traballadores da Construción en Vigo preparando a folga da vindeira semana
20/09/2007 Os paros serán os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro e indefinidos a partir do 16 do mesmo mes
Convocada a folga da Construción na provincia de Pontevedra
08/09/2007 A patronal presenta proposta provocadora
Ruptura das negociacións do Convenio Provincial de Pontevedra da Construción
13/06/2007 Se nunha semana non hai resposta convocarase folga indefinida no sector na provincia de Pontevedra
CIG-Construción reúnese coa APEC para fixar unha data máxima para a Mesa Negociadora do Convenio
25/05/2007 Ábrese a posibilidade de folga indefinida no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
24/05/2007 Os traballadores do sector non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
23/05/2007 Xosé Xoán Melón, secretario nacional de CIG-Construción:
“Se o noso obxectivo se cumple o 23 e 24 convocaremos folga indefinida na Construción a mediados de xuño”
09/05/2007 Queren promover mobilizacións conxuntas para que se negocie o Convenio colectivo
A Federación da Construción da CIG convoca a CCOO e UGT para frear a precariedade no sector
20/04/2007 A CIG desenvolverá unha campaña de información cara a iniciar de inmediato mobilizacións
Rotas as negociacións do Convenio provincial da Construción en Pontevedra
01/03/2007 Os pactos de contención salarial fan do Estado español o único da UE en 10 anos no que os salarios medran por debaixo da inflación
Concentración por un Convenio provincial da Construción fronte á Patronal en Vigo
14/02/2007 Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta