|
Actualidade
Santiago, 24 de outubro de 2007
Celebrarán unha manifestación
con saída ás 11:00 horas da estación de tren de Compostela
Folga en Serrabal e Ferroatlántica o próximo xoves, día 25 de outubro
| |
 |
| Os traballadores demandan un cambio de trazado
do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina de Serrabal para garantir que se manteñan os postos de
traballo presentes e futuros e que se poida continuar coa extracción do silicio solar. (Foto:
“Serrabal solución!”, corte de tráfico en Compostela en marzo de 2007. ©galizacig.com). |
| |
Os traballadores de Ramsa, empresa concesionaria
da explotación da mina de Serrabal e os de Ferroatlántica en Cee e Sabón, acordaron convocar
unha xornada de folga o próximo xoves, día 25 de outubro, e unha manifestación que percorrerá
as rúas de Compostela en defensa dos postos de traballo e en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta
Velocidade ao seu paso polos concellos de Vedra e Boqueixón.
A manifestación terá como punto
de partida a estación de tren de Santiago de Compostela e transcorrerá polas rúas do Hórreo,
Praza de Galiza, Fonte de Santo Antonio, Ensinanza, Virxe da Cerca, As Rodas, San Roque, Basquiños, Pastoriza
e Praza da Paz para rematar cunha concentración diante do edificio administrativo de San Caetano.
Os traballadores demandan un cambio de trazado
do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina de Serrabal para garantir que se manteñan os postos de
traballo presentes e futuros e que se poida continuar coa extracción do silicio solar.
Nas últimas semanas conseguiron impedir
a entrega e sinatura das actas de expropiación aos representantes da mina previstas tanto no Concello de
Vedra como no centro Sociocultural de Sergude, en Boqueixón.
|