|
Actualidade
A Coruña, 10 de outubro de 2007
Os operarios concentraranse o 10 e 11 de outubro
diante do Centro Sociocultural de Sergude, en Boqueixón
Impiden novamente a entrega das actas de expropiación dos terreos da mina de Serrabal
| |
 |
| “Serrabal solución”, “Na defensa dos
postos de traballo”, “A solución: o tren por outro lado”, pancartas na fachada do Concello de Vedra. (Foto: ©galizacig.com). |
| |
Operarios de Serrabal e dos centros de traballo
de Ferroatlántica de Cee, Dumbría e Sabón volveron impedir cunha concentración diante
da casa consistorial de Vedra realizada o 9 de outubro a entrega das actas de expropiación dos terreos da
mina.
Os traballadores farán o mesmo os días
10 e 11 deste mesmo mes diante do Centro Sociocultural de Sergude, en Boqueixón, para evitar que os representantes
do ADIF fagan entrega das actas de expropiación dos terreos afectados polas obras do TAV aos representantes
de RAMSA, empresa que explota o xacemento de Serrabal.
|