ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 18 de outubro de 2007

Medio centenar de delegados/as do sindicato concéntranse ás portas de Eurocen en A Coruña
Iníciase a campaña de mobilizacións da CIG contra a deslocalización no Telemárketing

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  CIG-Telemárketing, por un convenio xusto; clic para aumentar
CIG-Telemárketing, por un convenio xusto; clic para aumentar
A Federación de Banca da CIG iniciou o 17 de outubro en A Coruña unha campaña nacional de mobilizacións contra a deslocalización no Telemárketing cunha concentración ás portas de Eurocen, á que asistiron 50 delegados e delegadas do sindicato.
CIG-Telemárketing, por un convenio xusto; clic para aumentar
CIG-Telemárketing, por un convenio xusto; clic para aumentar
O acto coincidiu co cambio de quenda e entregáronse follas informativas aos traballadores e traballadoras.
CIG-Telemárketing, por un convenio xusto; clic para aumentar
CIG-Telemárketing, por un convenio xusto; clic para aumentar
CIG-Telemárketing, por un convenio xusto; clic para aumentar
O secretario comarcal da CIG de A Coruña, Paulo Carril (no centro, coa bandeira), estivo en todo momento apoiando a mobilización coa súa presenza e participación. (Fotos: ©galizacig.com 17/10/2007).
 
A Federación de Banca da CIG iniciou o 17 de outubro en A Coruña unha campaña nacional de mobilizacións contra a deslocalización no Telemárketing cunha concentración ás portas de Eurocen, á que asistiron 50 delegados e delegadas do sindicato. O acto coincidiu co cambio de quenda e entregáronse follas informativas aos traballadores e traballadoras.

A subcontrata Eurocen, que traballa para Telefónica Móbiles, dá emprego a 900 persoas en A Coruña. Neste momento a empresa anunciou que está a abrir un centro de traballo en Uruguai. Mais este non é o único exemplo. Alén dos coñecidos casos de deslocalización de Telefónica e Jazztel que afectaron as subcontratas Atento e Stream, outras empresas están a seguir o mesmo camiño:

A subcontrata Bosch, que traballaba para Tele-2 (agora adquirida por Vodafone, empresa que xa ten deslocalizada a atención ao cliente), dá emprego en Vigo a 1.000 persoas. Este ano puxo en marcha un novo centro en Bos Aires, Arxentina.

A subcontrata Unísono, que presta servizo entre outras empresas a Orange, emprega 400 persoas en Vigo. Abriu un centro en Chile. “De todos o xeitos, este é o caso menos grave grazas a captación de campañas de novos clientes para o contact-center de Vigo”, puntualizan desde a Federación de Banca.

Para facer fronte a esta situación, que a CIG-Banca considera “extremadamente grave”, as delegadas e delegados do sindicato no sector de Telemárketing aprobaron un calendario de mobilizacións en toda Galiza, que inclúe a convocatoria de asembleas de traballadores e traballadoras para abordar as medidas a tomar.

“Non podemos permitir que en Madrid se negocie abaratar os despedimentos, cando a maior parte das empresas de Telemárketing implantadas en Galiza teñen plans para trasladar parte da súa actividade a América Latina”, explican desde a CIG-Banca.

O anterior Convenio de Telemárketing estabelecía que o 70% do persoal de operacións podería ter contratos temporais. “Chama pois a atención que a patronal insista agora na mesa negociadora en facilitar e abaratar o custe dos despedimentos do persoal fixo, nun momento en que as empresas apuran os plans de apertura en América Latina”. “Esta proposta, a única realizada pola patronal ACCE durante o proceso de negociación do Convenio, non pode desvincularse do proceso de deslocalización que ameaza os 8.000 postos de traballo do sector en Galiza”, conclúen desde a CIG-Banca.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta