|
Actualidade CIG-Comunicación-
O sector está ameazado pola deslocalización. É coñecido o caso de Atento, pero outras empresas teñen plans en Argentina e Chile: serían os casos de Eurocen-A Coruña (Telefónica móbiles), Bosch-Vigo (Tele-2 Comunitel) ou Unísono-Vigo (Vodafone). Para a CIG o Convenio Colectivo de Telemárketing debe recoller medidas que garantan os postos de traballo no país. Desgraciadamente na reunión do día 22 de outubro outros sindicatos conténtanse cun convenio que recolla unha cativa suba salarial (IPC+0,75), algunhas medidas en materia de conciliación da vida laboral e familiar, e que se establezan Plans Sectoriais de Formación a nivel estatal. Os Plans Sectoriais de Formación a nivel estatal son un negocio. Ás empresas, CCOO e UGT, recibirán subvencións públicas para poder dar cursos de formación. En definitiva mentres que a deslocalización é unha ameaza para os postos de traballo do Telemárketing en Galiza, pretenden pechar o Convenio estatal cunha pequena suba salarial, sen garantías de mantemento do emprego e facendo negocio. Un camiño perigoso que a CIG non comparte.
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 24/10/2007 |
|||||||||||||||
|