ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 31 de outubro de 2007

Outro sinistro en Ourense
Novo accidente grave nas obras do Ave no túnel próximo a Trasalba

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Accidente grave no túnel de A Burata (Amoeiro); clic para aumentar
O feito de que o traballador accidentado fose un topógrafo, actividade que en si mesma non implica un grao de perigosidade importante, indica que con toda probabilidade esteamos ante un caso de insuficientes medidas de seguridade no interior do túnel. (Foto: Túnel de Burata en Amoeiro, lugar do accidente. ©La Región).
 
Este martes 30 de outubro produciuse un novo accidente grave nas obras do AVE, no interior do túnel de A Burata, próximo á localidade de Trasalba en Amoeiro. A Comarca da CIG de Ourense avalía estes acontecementos, así como anteriores sinistros na construción destas infraestruturas.

O feito de que o traballador accidentado fose un topógrafo, actividade que en si mesma non implica un grao de perigosidade importante, indica que con toda probabilidade esteamos ante un caso de insuficientes medidas de seguridade no interior do túnel. Se a iso lle engadimos que, segundo todas as informacións, había sete traballadores máis no lugar dos feitos, aínda poderíamos reconfortarnos por estar falando dun só traballador ferido.

Desde a Comarca da CIG de Ourense manifestan nun comunicado de imprenta que “non queremos especular con acontecementos coma este, pero é a nosa obriga ter un papel activo de loita contra esta pandemia que representan os accidentes laborais”.

Con esta idea, o próximo martes 6 de novembro unha representación da CIG será
recibida pola delegada da Consellaría de Traballo en Ourense, a fin de poder expor persoalmente a proposta da CIG de establecer un canal permanente de colaboración entre a Autoridade Laboral, a Inspección de Traballo, as Centrais Sindicais e a Fiscalía, a fin de tecer un mecanismo de resposta áxil e eficaz contra aqueles accidentes que puideran ter a consideración legal, tipificada así no Código Penal, de delito contra a seguridade dos traballadores.


Vixiantes e atentos, tamén en O Carballiño

En relación coa sinistralidade nas obras do AVE, e en referencia ao accidente que aconteceu en O Carballiño no pasado mes de setembro, é de salientar que o Xulgado de Instrución nº1 de O Carballiño ditara providencia, na que se ten personado a CIG no procedemento aberto por este accidente.

O Xulgado de Instrución nº 1 de O Carballiño, mediante providencia de data 24 de outubro, ten por “personada e parte” á Confederación Intersindical Galega nas Dilixencias Previas 681/07, referidas ao accidente producido nas obras do AVE o pasado 7 de setembro, que custou a vida dun traballador e provocou feridas graves a outros catro.

Oficializada o personamento como parte, e designados avogado e procurador que represente á CIG, “teremos acceso e poderemos analizar toda a documentación relacionada co procedemento xudicial aberto, desde a nosa asesoría xurídica e o noso gabinete de saúde laboral”.

Desde a CIG subliñan que “seguiremos atentos e vixiantes durante o procedemento e realizaremos, no seu momento, as alegacións e informes que consideremos de utilidade para o esclarecemento total das causas do sinistro, e para contribuír a erradicar a impunidade existente na actualidade sobre os delitos contra a seguridade dos traballadores”.

 
 
Informacións relacionadas
10/10/2007 Tívose en conta a gravidade do sinistro e as precarias
condicións laborais

A CIG exerce a acusación popular no proceso xudicial polo accidente laboral nas obras do AVE
22/09/2007 O sindicato CIG pide unha actuación urxente e de oficio por parte da Fiscalía e da Inspección de Traballo
O accidente de Cerceda evidencia a altísima sinistralidade nas obras públicas
21/09/2007 Notificáronllo así á Autoridade Laboral de Zamora no parte de Accidente dos feridos
FREMAP cualifica de “leve” o accidente na obra do AVE
11/09/2007 Representantes da CIG entrevistaranse o día 13 co responsábel autonómico da Inspección de Traballo
Seguimento rotundo do paro de 24 horas nas obras do AVE en Ourense
08/09/2007 A CIG xa alertara da necesidade dun maior control da seguridade
Un traballador morre nun grave accidente nas obras do AVE en O Carballiño
20/07/2007 Denuncia as precarias condicións laborais nas que están os traballadores estranxeiros
A CIG reclama da Delegación de Traballo de Ourense maior control en prevención nas obras do AVE e a Autovía
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta