ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 23 de outubro de 2007

A negociación do Convenio segue paralizada desde marzo pasado
O persoal da Sanidade privada retomará as mobilizacións na provincia de A Coruña

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Salarios xustos e condicións de traballo dignas; clic para aumentar
A primeira das concentracións programadas polos traballadores realizouse o 22 de outubro diante do IMQ San Rafael de A Coruña. O 25 de outubro, ás 11:00 horas, haberá un acto de protesta no Hospital Santa Teresa de A Coruña e o día 31, á mesma hora, realizarase outro no Hospital Juan Cardona de Ferrol. En novembro haberá concentracións en Santiago; o día 8 no Policlínico A Rosaleda e o 15 diante da Consellaría de Sanidade. (Foto: ©galizacig.com 22/10/2007).
 
Os representantes da CIG, CCOO e UGT na Sanidade privada anunciaron a volta ás mobilizacións na provincia de A Coruña en protesta polo bloqueo do Convenio colectivo. Os sindicatos denuncian que o 80% do persoal cobra menos de 800 euros ao mes.

A primeira das concentracións programadas polos traballadores realizouse o 22 de outubro diante do IMQ San Rafael de A Coruña. O 25 de outubro, ás 11:00 horas, haberá un acto de protesta no Hospital Santa Teresa de A Coruña e o día 31, á mesma hora, realizarase outro no Hospital Juan Cardona de Ferrol. En novembro haberá concentracións en Santiago; o día 8 no Policlínico A Rosaleda e o 15 diante da Consellaría de Sanidade.

As negociacións foron rachadas polos empresarios o 27 de marzo deste ano ao teren abandonado a mesa de negociación negándose a debater calquera outra proposta que non fose a súa. CIG, CCOO e UGT temen que a patronal pretenda reproducir agora a dinámica vivida no convenio de 2004-05, cuxa negociación foi dilatada durante tres anos pola patronal.

Do mesmo xeito, os delegados sindicais recordan que o 80% dos centros médicos representados na Mesa de Negociación do Convenio Colectivo da Sanidade Privada da provincia de A Coruña teñen concertos económicos co Sergas.


Implicación da Consellaría

“Temos serias dúbidas de que na meirande parte do sector se estean a cumprir as ratios mínimas de persoal de enfermería por cama. Isto supón, ademais dunha sobrecarga de traballo continua para os empregados e un risco para unha atención óptima aos doentes, un serio compromiso para os concertos que os hospitais privados manteñen co Sergas”, explican nun comunicado as tres centrais.

Os representantes sindicais reclaman a implicación da conselleira de Sanidade, María José Rubio, posto que a meirande parte dos doentes atendidos procede do sistema público. Esixen tamén que se cumpra o Real Decreto 598/1985 sobre Incompatibilidades, especialmente entre o persoal médico.

 
 
Informacións relacionadas
28/09/2007 María José Rubio aínda non os recibiu desde que tomou posesión
do seu cargo hai dous anos

Os empregados da Sanidade privada considéranse discriminados pola conselleira
21/12/2006 Os empresarios ignoran os compromisos adquiridos coa parte social e non participan nas mesas de negociación
CIG-Saúde urxe á patronal a negociar o convenio de 2007 da Sanidade privada de A Coruña
07/12/2006 CIG-Saúde denuncia o incumprimento do acordo de negociación do convenio da Sanidade privada
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta