|
Actualidade
A Coruña, 1 de outubro de 2007
A decisión foi adoptada o 29 de setembro
en asemblea de traballadores
Os mineiros das auxiliares de Meirama irán á folga a partir do 15 de outubro
| |
 |
| Alejandro Barreiro, presidente do Comité
de Masa Galicia en Meirama, a principal auxiliar desta mina, explica que aos operarios non lles quedou máis
remedio que acudir á folga ante a inexistencia dun acordo que garanta o seu futuro laboral. (Foto: ©galizacig.com 29/09/2007). |
| |
Os preto de 200 mineiros das auxiliares de Meirama
irán a folga a partir do 15 de outubro. A decisión foi tomada o 29 de setembro no decurso dunha asemblea
de traballadores nas instalacións da mina, á que asistiron representantes da CIG, CCOO e UGT. A convocatoria
será formalizada nos vindeiros días.
A CIG apoia incondicionalmente a decisión
adoitada polos mineiros de Meirama, como así fixo con outras convocatorias aprobadas polo persoal das auxiliares
desta conca. Pola súa banda, CCOO e UGT aseguraron na asemblea do 29 de setembro que respectarán
toda decisión que determinen os traballadores.
Alejandro Barreiro, presidente do Comité
de Masa Galicia en Meirama, a principal auxiliar desta mina, explica que aos operarios non lles quedou máis
remedio que acudir á folga ante a inexistencia dun acordo que garanta o seu futuro laboral pois a conca
pechará o 31 de decembro. “A día de hoxe só hai moita palabrería pero nada satisfactorio”,
indica. Sen embargo, Barreiro manifesta que os mineiros de Meirama estarían dispostos a desconvocar a folga
se antes do día 15 de outubro se alcanza un acordo que contemple recolocacións e prexubilacións
dos traballadores das auxiliares do carbón. / Antón Álvarez Sanz.
|