|
Actualidade
A Coruña, 6 de outubro de 2007
Trescentos operarios esixen a paralización
das expropiacións ante a Delegación do Goberno español
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica irán a folga o 25 de outubro
| |
 |
| Trescentos operarios concentráronse o
4 de outubro diante da Delegación do Goberno español en A Coruña para esixir a paralización
das expropiacións dos terreos da mina de Serrabal e demandar un cambio de trazado do TAV. (Fotos: ©galizacig.com 05/10/2007). |
 |
| Unha delegación dos tres Comités
de Empresa entregou un escrito na Delegación do Goberno no que se solicita a paralización inmediata
das expropiacións. |
 |
| Suso Seixo, secretario xeral da CIG, volveu
denunciar o informe do ADIF no que agora anuncia que o terreo expropiado da mina alcanza os 45.000 metros cadrados,
cando nun principio indicaba que só se ían afectar 12.000. |
 |
| Noceda emprazou novamente os traballadores a
concentrarse diante dos concellos de Vedra e Boqueixón os días 9, 10, 11, 16, 17 e 18 de outubro
para impedir que se asinen as actas de expropiacións dos terreos do xacemento de Serrabal. |
| |
Os Comités de Empresa de Ramsa e de Ferroatlántica
de Cee-Dumbría e Sabón (Arteixo) anunciaron a convocatoria de folga para o 25 de outubro. Ao mesmo
tempo, trescentos operarios concentráronse o 4 de outubro diante da Delegación do Goberno español
en A Coruña para esixir a paralización das expropiacións dos terreos da mina e demandar un
cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade (TAV).
Unha delegación dos tres Comités
de Empresa entregou un escrito na Delegación do Goberno no que se solicita a paralización inmediata
das expropiacións, “mentres non existan conclusións, en todos e cada un dos puntos, que na resolución
do Parlamento galego se solicitan,
sobre todo no relativo á continuidade dos postos de traballo e ao grao de afección á mina”.
Suso Seixo, secretario xeral da CIG, volveu denunciar
o informe do ADIF (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias) no que agora anuncia que o terreo expropiado
da mina alcanza os 45.000 metros cadrados, cando nun principio este departamento dependente de Fomento indicaba
que só se ían afectar 12.000. Seixo, ademais, puntualizou que esta ampliación da superficie
expropiada non pasou pola fase de exposición pública.
O secretario xeral da CIG considera factíbel
un cambio de trazado e criticou Pérez Touriño por asegurar que isto demoraría en exceso as
obras do TAV: “Ademais, que o Tren de Alta Velocidade estea rematado en 2012 é un cachondeo”, manifestou
Seixo en referencia ao prazo que marcou o Goberno español para a conclusión do TAV en Galiza.
Pola súa banda, Anxo Noceda, secretario
comarcal da CIG de Compostela, asegurou que o devandito acordo da Cámara galega “está a ser ninguneado”
polo Adif e criticou que “non se oia ningunha voz ao respecto das forzas políticas do Goberno autonómico
e do Parlamento galego”. Noceda emprazou novamente os traballadores a concentrarse diante dos concellos de Vedra e Boqueixón os días 9,
10, 11, 16, 17 e 18 de outubro para impedir
que se asinen as actas de expropiacións dos terreos do xacemento de Serrabal.
|